A escritora Nones Araujo gaña o I Premio de Novela Curta “Alén” do Concello de Ares

O pasado 5 de xuño, o xurado da I Edición do Premio de Novela Curta “Alén” do Concello de Ares anunciou que a gañadora é Nones Araujo, profesora e escritora afincada en Vigo cunha destacada traxectoria literaria e varios premios no seu haber. O premio ascende aos 2.000 euros e conleva a posterior publicación da […]
Este sábado 17 de xuño, ás 19:00 horas, a Agrupación Instrutiva de Caamouco vai celebrar o acto de presentación do número 8 da revista A Tenencia.

No acto participarán as persoas impulsoras e colaboradoras deste proxecto que traballa para achegar a historia local á veciñanza. Ademais, contarase coa presenza dos representantes municipais, en agradecemento e recoñecemento ao seu labor a prol da recuperación da nosa memoria e cultura local.
A exposición fotográfica “Capturando a Natureza” de Lost in Woodlands Photography, do fotógrafo Álvaro Lamas, deu comezo hoxe na Casa da Xuventude

Álvaro Lamas explorou as paisaxes de Ferrolterra, Ortegal, Mariña Lucense e os seus arredores, e agora tráenos unha selección de imaxes que nos transportarán a estes lugares. O seu proxecto fotográfico, Lost in Woodlands Photography, revela en cada instantánea a súa visión e interpretación da natureza nestes rincóns da xeografía máis próxima a nós. A […]
Bases para a provisión en réxime laboral temporal de 8 Peóns para os Servizos Municipais de Limpeza de Praias Verán 2023
A vista da Resolución da Deputación provincial da Coruña pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa MA100: subvencións a concellos para limpeza de praias marítimas no ano 2023, publicada no BOP nº 11O de 12 de xuño de 2023, elabóranse as: Bases para a provisión en réxime laboral temporal de […]
Lémbrase que está aberto o prazo para presentar as comunicacións para realizar fogueiras con motivo das festividades de San Xoán e/ou San Pedro.

Aqueles que desexen levar a cabo unha fogueira deberán comunicalo expresamente ao Concello mediante unha instancia no modelo oficial. O período para presentar as comunicacións será ata o día 22 de xuño para a festividade de San Xoán, e do día 27 de xuño para a festividade de San Pedro. O modelo de instancia-comunicación pódese […]
Lembra que os prazos de inscrición para a programación deportiva municipal de verán en Ares están activos!

A concellaría de Deportes preparou un amplo abanico de actividades para todos os grupos de idade, combinando a conciliación, práctica deportiva, diversión e aprendizaxe. A oferta abarca desde os máis pequenos, cos campamentos deportivos urbanos e xogos nas parroquias, ata os mozos, co programa “Xuventude Verán Activo”, que inclúe actividades como manexo de drons, deportes […]
Listaxes de admitidos definitivos do programa ConciliAres 2023

Axuntamos os catro listados das quincenas de xullo e agosto do programa de admitidos no Programa Concilaires 2023, os listados de espera se axuntaran nos vindeiros dias. Os admitidos/as en cada quincena disporán dun prazo máximo para facer o ingreso da cota, que se lles facilitara a partir do mércores 14 de xuño no departamento […]
Ares celebrará a XII Edición do Mercadillo Veciñal de Segunda Man e Artesanía

A XII edición do Mercadillo Veciñal de segunda man e artesanía levarase a cabo no paseo marítimo de Ares durante toda a xornada do domingo 9 de xullo, desde as 9:00 ata as 21:00 horas. Este evento permitirá ás persoas intercambiar, comprar ou vender produtos de segunda man e artesanías. O Concello abrirá as inscricións […]
XII MERCADO VECIÑAL DE SEGUNDA MAN ARES 2023

O VINDEIRO DOMINGO 9 DE XULLO DE 2023 (ENTRE AS 9:00 E AS 21:00 H) LEVAREMOS A CABO O XII MERCADO VECIÑAL DE SEGUNDA MAN –CONCELLO DE ARES, DESTINADO Á VENDA DE ARTIGOS DE ESTAS CATEGORÍAS. NA FEIRA PÓDESE, INTERCAMBIAR, MERCAR OU VENDER: XOGUETES, LIBROS, PELÍCULAS, MATERIAL DE COLECCIONISMO, ROUPA, CALZADO, BISUTERÍA DE SEGUNDA MAN […]
O punto limpo móbil xa está a disposición da veciñanza no Mazote!

Lembra que podes depositar alí: Pilas e baterías Lámpadas e tubos fluorescentes Aceites minerais e vexetais Roupa e calzadoPequenos electrodomésticos Non dubides en achegarche esta mesma semana para que o Concello xestione estes residuos domésticos.
VIAXA CON NÓS AQUAPARK DE CERCEDA

Mércores,28 de Xuño SAIDA: 11:30 H DA PORTA DO SOL REGRESO: 19:30 H DESDE CERCEDA HABERÁ MONITORES DURANTE A VIAXE E NO RECINTO DO AQUAPARK RESERVA A TÚA PRAZA NA BIBLIOTECA PRESENCIALMENTE A PARTIR DO 19 DE XUÑO Os prezos variarán segundo a idade dos participantes: Para os nados entre 2019 e 2023: o prezo […]
Lost in Woodlands Photography – Exposición Fotográfica “Capturando a Natureza”

Álvaro Lamas, co seu proxecto Lost in Woodlands Photography, continúa coa presentación da súa exposición Capturando a Natureza na Casa da Xuventude do Concello de Ares. Despois de percorrer varios lugares da área de Ferrolterra e Ortegal, a exposición estará por primeira vez en Ares. Capturando a Natureza nos achega algúns dos lugares máis emblemáticos […]