IV CONCURSO DE MICRORRELATOS DÍA DO LIBRO. 23 ABRIL 2024
Dende o EDLG do CPI As Mirandas e a Concellaría de Cultura do Concello de Ares lanzamos o IV Concurso de escritura creativa de Microrrelatos. A través del podedes deixar voar a vosa imaxinación e trasladarnos a vosa creatividade. O concurso consistirá en crear un microrrelato de tema libre en galego a partires dunha das […]
O Concello e o CPI As Mirandas presentan a cuarta edición do Concurso de Microrrelatos Escolares
O certame convida á mocidade da vila a presentar ata dous textos non superiores ás 200 palabras cada un antes do 15 de abril ás 19:30 horas coma forma de celebrar o Día do Libro neste mes. De premios, contémplanse unha tablet ou ebook para os gañadores e un lote de libros para os finalistas. […]
Inscricións abertas para a ruta 8 do SendAres 2023-2024: Mondoñedo
Lembra que esta mesma tarde do 2 de abril abriu o prazo de inscrición na iniciativa promovida pola área de Deportes para as persoas EMPADROADAS no concello. Podes reservar unha das 25 prazas habilitadas a través do formulario telemático que atoparás na páxina web municipal, no apartado adicado ó programa de sendeirismo. O itinerario ten […]
O grupo Naturgy anuncia unha serie de cortes de subministro eléctrico durante os días 8 e 9 de abril
JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: A empresa ufd grupo Naturgy vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando que os próximos días 8 de abril, de 00:00 a 02:00 horas, e 9 de abril, de 00:00 a 02:00 h., co fin de realizar traballos de […]
O salón de actos da Alianza Aresana acolle o relatorio “Vida e vivenda mariñeira en Ares: 1940-1970”
Xurxo Antelo, investigador do grupo HISTRAGA da Universidade de Santiago de Compostela, fará un percorrido histórico centrado na vila aresán o venres, 5 de abril, ás 20:00 horas. Como evolucionou a localidade aresán ao longo do período 1940-1970 en termos sociais e urbanísticos? Que conclusións poden extraerse deses 30 anos de grandes cambios e desenvolvemento […]
Ares abre mañá o prazo de inscrición para a oitava ruta do SendAres 2023-2024
A iniciativa municipal organizará unha saída ata Mondoñedo de 17 quilómetros, explorando o val do Río Valiñadares dende o centro da vila. Será durante a xornada do domingo, 21 de abril. Desta volta, a Concellaría de Deportes presenta novidades: haberá un primeiro prazo de inscrición para os empadroados/as en Ares, dende mañá, 2 de abril […]
Inscricións abertas para o Campus do Celta en Ares
A concelleira de Deportes, Alma Barrón, asistiu onte en Balaídos ao encontro de sedes dos Campus organizados pola Fundación Celta de Vigo, unha iniciativa lúdico-formativa da que a nosa localidade é partícipe dende os seus inicios. A visita, a maiores de actuar coma reunión institucional con representantes do club de fútbol e doutros municipios involucrados, […]
A deseñadora aresá, Cristina Gamallo, galardoada co primeiro premio do XXX Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra Encaixe de Camariñas
A nosa veciña e deseñadora Cristina Gamallo Permuy vén de converterse na gañadora do XXX Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña organizada esta fin de semana. Neste encontro con máis de 33 anos de historia, fundamental dentro do mundo da artesanía e da moda de Galicia e España, Cristina […]
Ares acada o epicentro de Atenas no marco do proxecto europeo ‘Sporural’
Representantes do Concello acudiron até Grecia e mantiveron encontros de traballo cos integrantes de CROSSKOVÁCSI Sport, de Hungría; EAS CYCLADES, do territorio heleno, e INNOdxt, asociación cultural coruñesa. Realizáronse xornadas de seguimento, codeseño e análise do realizado dentro do proxecto, mais tamén se aprobaron os seguintes pasos a dar na materialización das accións definitivas dentro […]
O CIRS de Cervás énchese polo Día Mundial do Teatro
Cunha radio xigante onde se poden ler nomes de lugares de todo o mundo, dende A Coruña até Montevideo, Bos Aires ou Nova York, e xogando constantemente coas cores sobre o escenario, Tarabela Creativa encheu na tarde de onte, 26 de marzo, o CIRS de Cervás co seu espectáculo ‘Boa sorte, mala fama’ e preto […]
A Concellaría de Medioambiente e SOGAMA formalizan un acordo para a distribución de 25 composteiros en Ares
Ante a boa recepción do Programa de Compostaxe Doméstica realizada polo Concello entre finais de 2023 e comezos deste 2024, a área de Medioambiente municipal asinou un convenio de colaboración coa empresa pública SOGAMA para satisfacer a alta demanda que se rexistrou no tocante á compostaxe local. Así, nestes últimos días a concelleira de Medioambiente, […]
Punto limpo móbil instalado en Marina do Pombal
O punto limpo móbil xa está á disposición da veciñanza na contorna de Marina do Pombal para que se depositen os residuos de tratamento especial: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos. Contribúe ti tamén ó coidado do medioambiente!