Renovación do DNI o 11 de decembro na Biblioteca Municipal de Ares

O 11 de decembro poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares! Concerta a túa cita acudindo presencialmente ata alí ou a través do teléfono ☎ 981 448 057 no horario de apertura da biblioteca.   Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses antes da […]

Punto limpo móbil instalado en Redes (11.11.2025)

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible esta semana en Redes para a recollida de residuos especiais!   Lembra que alí podes depositar: ✅ Pilas e baterías, ✅ Lámpadas e tubos fluorescentes, ✅ Aceites vexetais e minerais, ✅ Pequenos electrodomésticos, ✅ Roupa e calzado.

O pavillón polideportivo de Ares acollerá dúas competicións de baile

A primeira edición do Trofeo de Baile Deportivo e o Campionato Galego de Danza Coreográfica organizaranse este vindeiro fin de semana no pavillón deportivo municipal aresán. Será o domingo, 16 de novembro, a partir das 10:00 h. cando comezará a actividade destes dous certames, que están organizados polo Club de Baile Deportivo de Narón, coa […]

Ares vive un Samaín e Magosto entre castañas, ánimas e cabazas!

Este domingo tivemos disfraces, música e unhas cantas gargalladas na pista cuberta do CPI As Mirandas coa celebración do Samaín e Magosto municipais. As familias gozaron das actividades que se propuxeron dende a Concellaría de Cultura, con obradoiros –un de feridas e maquillaxe e outro de chupa chups vampíricos–, inchables, o cantabaila, animación musical e, […]

Buscapistas nunha biblioteca de medo

Os rapaces e rapazas dende os 3 aos 12 anos pasáronno en grande esta semana nas instalacións da Biblioteca Municipal de Ares na procura das pistas que lles deixou o seu equipo dinamizador. Dentro da iniciativa ‘Unha biblioteca de medo’, a mocidade aventurouse entre a escuridade e as pantasmas para resolver o xogo . Lanternas, […]

Juan Sanjurjo reflexiona sobre a situación do ecosistema político actual

O salón de actos da Alianza Aresana acolleu onte o relatorio “Irracionalidade política na sociedade contemporánea”, unha cita promovida pola Concellaría de Cultura coa participación de Juan Sanjurjo, licenciado en Filosofía e mestre de escola. Ao longo da sesión e en conversa coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, Sanjurjo convidou ao público a pensar con […]

Obradoiros para aprender a reciclar dende a infancia

O CPI As Mirandas acolleu hoxe tres sesións orientadas a establecer bos hábitos de reciclaxe nos máis pequenos e pequenas do colexio, impulsado a través da Concellaría de Medioambiente de Ares.   O alumnado de 1º, 2º e 4º de primaria do CPI As Mirandas aprendeu esta mañá a relevancia da regra das tres ‘R’ […]