Punto limpo móbil dispoñible en Seselle

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible en Seselle para a recollida de residuos especiais ao longo de toda a semana. Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.

Aviso da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior por fenómenos metereolóxicos adversos

A Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET) informa no seu boletín dun fenómeno metereolóxico adverso por choivas que afectarán dende as primeiras horas da tarde deste martes, 8 de outubro, con nivel de alerta AMARELO, até o remate do mércores, 9 de outubro, onde se incrementa a alerta a LARANXA en toda Galicia. Estímanse precipitacións acumuladas […]

Cancelación do servizo de renovación de DNI

Por motivos alleos ó Concello, infórmase da cancelación do servizo de renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) que se estaba a prestar na Biblioteca Municipal de Ares ata novo aviso. Asimesmo, contactarase coas persoas que se atopaban en lista de agarda para a renovación comunicando esta suspensión. Desculpen as molestias.

Ares acollerá dúas charlas de AFAL centradas no alzheimer e outras demencias

Durante as xornadas do 15 e 17 de outubro, expertos desta asociación que traballa para facilitar a vida dos enfermos de Alzheimer e as súas familias achegaranse até o salón de actos da Alianza Aresana. É necesario inscribirse previamente para acudir no teléfono 981 468 102, vía e-mail contactando con sociais@concellodeares.com ou presencialmente no Departamento […]

O Concello completa a mellora do Camiño de Barracido a Pallizo

Os traballos, cun investimento total de 44.405,22 euros co apoio de AGADER para o seu financiamento, concluíron esta semana, incorporando un novo aglomerado asfáltico.   “Despois de urbanizar o Camiño de Maiobre, en Lubre, sumamos agora esta segunda intervención máis recente de mellora dos viais municipais. E non é a última, pois xa se están […]

VIII Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares 2024

O obxectivo deste concurso é convidar á xuventude a mirar na súa contorna aresá como contexto onde recoñecer a súa herdanza a través das imaxes, espertando a capacidade de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequenas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento cunha memoria colectiva deste pobo. En concreto, […]

Ares despide o Festival Internacional de Entes Animados con aforo completo

A veciñanza aresá amosou o seu interese polos títeres enchendo o salón de actos da Alianza Aresana! O portugués Rui Sousa chegou cos seus monicreques para representar ‘Sem pés nem cabeça’ o venres pasado, no marco do VI Festival Internacional de Entes Animados (FESTEA)  que se estaba a celebrar en toda a comarca. Con Sousa […]

Ares recupera o seu Torneo de Xadrez na súa oitava edición

O evento deportivo, que xa se realizaba anos atrás no municipio aresá a través dun club de xadrez local, recupera o seu espíritu organizativo e recalará no Casino de Ares ao longo do domingo, 13 de outubro. Precisará de inscrición previa vía e-mail ou telefónica para participar nalgunha das sesións de tarde ou de mañá. […]

Punto limpo móbil dispoñible na contorna do Porto

O punto limpo móbil do Concello xa está á disposición da veciñanza na contorna do Porto durante toda esta semana para que se depositen os residuos de tratamento especial. Lembra que alí podes deixar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.  

Declaración de loito oficial polo tráxico accidente do mozo Lucas Seijo

Como testemuño do pobo de Ares polo falecemento tras o tráxico accidente do mozo de 14 anos Lucas Seijo, veciño de Chanteiro, desaparecido o pasado venres e atopado sen vida no mediodía do 28 de setembro, Facendo uso das atribucións que me confire o art. 21 da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das […]