Ares embarcarase nunha viaxe ao San Froilán de Lugo

Co obxectivo de facilitar o desprazamento á veciñanza de calquera idade, o Concello fletará un autobús para visitar a cidade lucense o 11 de outubro cun custe de 12 euros ida e volta. As inscricións xa están abertas até o 30 de setembro ou o esgotamento das prazas habilitadas, realizándose presencialmente nos Servizos Sociais de […]
Arrancan as obras para a renovación integral do pavillón polideportivo de Ares

Dende mediados de agosto até decembro, intervirase sobre os cerramentos (fachada e cuberta), a carpintería na súa totalidade, a iluminación interior e mesmo o sistema de auga quente sanitaria no marco deste ambicioso proxecto de mellora da eficiencia enerxética. Supón un forte investimento para a localidade cun orzamento de máis de medio millón de euros, […]
Aviso de corte de auga

O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, para reparar unha fuga na rede xeral de abastacemento de auga potable, quedará cortada a subministración de auga nas seguintes rúas: Rúa Celso Emilio Ferreiro do núm. 10 até o final; Rúa da Paz desde o núm. 16 até o final; Subida […]
Punto limpo móbil instalado en Barracido

O Concello instalou esta semana o punto limpo móbil na contorna de Barracido. Durante toda esta semana, estará dispoñible nesta localización para os veciños e veciñas que desexen desfacerse de pilas, baterías, lámpadas, aceites, pequenos electrodomésticos, roupa e calzado de maneira adecuada. Aproveita esta oportunidade para contribuír ao coidado do medioambiente e eliminar os teus […]
Apertura de inscricións do programa ‘Envellecendo en Ares’

A partir de hoxe, martes, 3, até o 20 de setembro, poderás inscribirte nas 4 tipoloxías de obradoiros que promove a Concellaría de Igualdade e Benestar na vila para os maiores de 55 anos empadroados/as no municipio. As inscricións tramítanse de xeito presencial no Departamento de Servizos Sociais de Ares sito na Praza da Constitución. […]
Renovación de DNI na Alianza Aresana o 10 de setembro

O Concello informa do inicio do servizo de renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) despois do parón estival. Este 10 de setembro, poderás renovalo na Biblioteca Municipal de Ares; lembra que é posible facelo ata 6 meses antes da data de caducidade! Concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou […]
Ares en marcha contra o cancro

A nosa localidade adentrouse nos primeiros compases do mes de setembro movéndose por unha causa solidaria: o apoio á loita contra o cancro, no marco da andaina que promoveu a Xunta local da Asociación Española contra el Cáncer (AECC) en Ares, en colaboración co Concello. Aproveitando a boa climatoloxía, a veciñanza percorreu onte o paseo […]
Ares adéntrase no seu pasado indiano

A sétima edición do Ares Indiano inaugurouse oficialmente esta mesma mañá reafirmando os alicerces da festa: recoñecer e homenaxear a todas as persoas que migraron ás Américas, independentemente do seu éxito económico ou social. A celebración despregará no municipio máis de corenta actividades culturais cun enfoque lúdico, todas orientadas a reivindicar a pegada da migración […]
Ares camiña polos primeiros compases de xullo da man do deporte

A área deportiva municipal arrancou entre este luns e hoxe toda a súa oferta para o período estival! O VeraneAres Deportivo 2024 iniciou así os seus xogos nas parroquias, mais tamén o Xuventude Verán Activo e os Campamentos Deportivos Urbanos, tres grandes programacións para que ninguén quede sen o seu oco para moverse e gozar […]
Prazas dispoñibles nos cursos da Casa da Xuventude destinados á rapazada

Se estás procurando algunha actividade onde o lúdico e a tecnoloxía se unen, a Casa da Xuventude Municipal oferta unha programación co foco posto no eido dixital, a robótica, a impresión 3D e a sensibilización en cuestións básicas como a ciberseguridade ou o coidado da saúde mental, tendo en conta o impacto das redes sociais […]
Venres, 21 de xuño, último día para formalizar o pago do ConciliAres 2024

A área de Servizos Sociais municipal lembra que mañá, venres, 21 de xuño, é o último día estipulado para formalizar o pago do ConciliAres 2024, o programa municipal de conciliación laboral e familiar. Se aínda non o fixeches, contacta canto antes cos seguintes números de teléfonos para informarte e coñecer o importe da túa cuota: […]
O SendAres 2023-2024 incorpora unha saída extraordinaria de dous días por Asturias

Durante as xornadas do 15 e 16 de xuño, o programa municipal trasladarase dende Galicia até a Serra do Sueve e senda costeira Queiruas-Canero por un prezo de 90 euros, pernocta e transporte incluídos. A área de Deportes abrirá as inscricións para empadroados/as o luns, 13 de maio, ás 18:00 horas, até o mércores, 15 […]