‘Un adolescente na casa’, nova charla divulgativa en Ares este mesmo venres

A ponencia organizarase o 3 de maio ás 19:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana, no marco da iniciativa Academia AresXSalud impulsada polas Concellarías de Benestar e Deportes. O psicólogo e educador físico José Antonio Barcia Tuccelli afondará nas diferentes maneiras de encarar as relacións cos adolescentes, dende a xestión dos conflitos á […]
O Concello abre mañá o prazo de inscrición para a novena ruta do SendAres 2023-2024

O programa municipal de sendeirismo promoverá unha saída até Laxe, na Costa da Morte, de 18 quilómetros, durante a xornada do domingo, 26 de maio. Corresponde co último percorrido na tempada outono-primavera. Habilitarase un prazo de inscrición para empadroados/as en Ares dende mañá, 30 de abril até o 3 de maio, abrindo e pechando a […]
Mariña Silvar, o novo orgullo aresán

O Concello traslada os seus parabéns á nosa veciña Mariña Silvar Castro e así mesmo ás súas compañeiras alevíns do Club de Mar do Mugardos, pola súa medalla de bronce no Campionato de España de Bateis desta fin de semana pasada. Un galardón para animala a continuar vencellada ao remo, xunto cun recoñecemento ao esforzo […]
Ares danza para amosar a súa solidariedade

O pavillón polideportivo municipal encheuse onte para desfrutar da demostración que realizou a Escola de Baile Paso a Paso, no marco do evento organizado pola Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro que estivo marcado non só pola danza, senón tamén pola solidaridade dos asistentes! O recadado co prezo da entrada servirá para reforzar […]
O Concello clausura os obradoiros de Rural TIC para axudar na dixitalización de empresas e divulgación tecnolóxica á veciñanza

Despois de dúas semanas de actividade, unha centrada en ofertar formacións á veciñanza e a segunda ás pequenas empresas aresáns, o programa Rural TIC Ares pon o seu punto e final. Onte á tarde realizouse a última das xornadas dos cursos para o tecido empresarial, clausurando oficialmente todos os módulos que se impartiron nos últimos […]
A 2ª Exposición Multidisciplinar de Fotografía recala en Ares dende mañá, venres, até finais de maio

O Concello de Ares e a Asociación de Fotografía de Ferrolterra promoven conxuntamente no andar superior da Casa da Xuventude unha nova mostra fotográfica dende mañá, 26 de abril ás 18:00 horas, coa súa inauguración oficial. A exposición, composta por máis de medio centenar de instantáneas dos membros da Asociación, aglutina diferentes tipoloxías de prácticas […]
O tecido empresarial de Ares afonda na mellora do seu posicionamento dixital

A concelleira de Comercio, Lucía Blanco, achegouse onte á Casa da Xuventude para inaugurar os módulos formativos destinados a pequenas empresas da localidade inscritos dentro de Rural TIC Ares, o programa de obradoiros totalmente de balde que promove o Concello xunto co Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana centrados na divulgación tecnolóxica e o […]
Concello e CPI As Mirandas entregan os premios do IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares

Aproveitando a efeméride do Día do Libro 2024, o salón de actos da Alianza Aresana acolleu na tarde de onte a entrega de galardóns do Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares, un certame literario que xa vai pola cuarta edición e que expón os vencellos entre a comunidade educativa de Ares, a mocidade do […]
O programa Rural TIC debulla os riscos da Internet no CPI As Mirandas

Entre o venres pasado e este luns, 22 de abril, o alumnado de 1º e 2º da ESO do centro educativo CPI As Mirandas recibiu varias charlas impartidas polo equipo docente de Rural TIC Ares, o programa de divulgación de tecnoloxía que se está a desenvolver até o 26 deste mesmo mes na vila. En […]
Punto limpo móbil instalado en Chanteiro

O punto limpo móbil do Concello vén de ser instalado na contorna de Chanteiro! Xa podes achegarte alí a deixar os teus residuos domésticos especiais: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.
Ares contará con obradoiros, doces e literatura pola Semana do Libro 2024

Mañá, martes, 23 de abril, a propia efeméride do Día do Libro, a Biblioteca Municipal aresá entregará doces aos usuarios que se acheguen, mais tamén haberá un obradoiro para nenos/as de 4 a 6 anos e o fallo do IV Concurso de Microrrelatos. O xoves, 25 de abril, realizarase un segundo obradoiro para crianzas de […]
Renovación do DNI na Biblioteca Municipal de Ares

Este venres, 26 de abril poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares! Se estás interesado en facelo, aínda estás a tempo de concertar a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057 no horario de apertura da biblioteca. Lembra […]