Bases do servizo municipal de conciliación laboral e familiar ‘ConciliAres’ 2025

INTRODUCIÓN: Galicia é un referente nas actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre que se programan, de xeito maioritario, durante os meses de verán. Prográmanse centos de actividades ao longo do noso territorio co obxectivo de ofrecer un recurso de educación no tempo libre para os nenos/as e mozos/as, e de conciliación […]

O ConciliAres abre a vindeira semana as súas inscricións

O servizo de conciliación laboral e familiar do Concello activará o proceso de reserva de prazas o luns, 12 de maio ata o martes, 30 deste mes, habilitando a opción de achegar a documentación no Departamento de Servizos Sociais de Ares ou por rexistro electrónico na web institucional, concellodeares.gal.   A Concellaría de Igualdade e […]

Ares celebrará as Letras Galegas con obradoiros, presentación de libros e moita máis cultura

Dende o 12 ata o 22 de maio, a vila contará con múltiples eventos que conforman a programación municipal para celebrar unha das efemérides máis relevantes da cultura galega. FORMULARIO DE INSCRICIÓN PARA O OBRADOIRO SUPERLECTORXS: https://forms.gle/pG8GvHrcwf1N4rrz5  A Concellaría de Cultura vén de anunciar as cinco grandes programacións que se organizarán na vila de Ares […]

Renovación do DNI na Biblioteca de Ares o vindeiro 29 de maio

O 29 de maio poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares! Se estás interesado en facelo, concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono  981 448 057, de luns a venres, no horario de apertura da biblioteca.   Lembra que […]

Inicio do aglomerado na Avenida de Mugardos con data 08.05.2025

O Concello informa de que mañá, xoves, 8 de maio, darán comezo os traballos de aglomerado no vial autonómico da Avenida de Mugardos, coa consecuente regularización e desvío de tráfico ata a finalización de toda a intervención. Segundo a información recibida, o xoves, 8 de maio, as obras centraranse no primeiro tramo que abrangue dende […]

As aresáns Nayla Ferreiro e Cristina Gamallo acadan novos éxitos nas súas disciplinas

Chega o mes de maio e con el tamén alegrías no tocante ós percorridos das nosas veciñas Nayla Ferreiro Rodríguez e Cristina Permuy Gamallo, as dúas premiadas dentro das súas disciplinas no eido deportivo e artístico. Nayla acadou recentemente o Primeiro Premio no Concurso de Espectáculos Ecuestres do Concello de Miranda de Ebro, constatando así […]

Novo horario da Biblioteca Municipal de Ares dende este 5 de maio

Informamos de que a partir de hoxe, 5 de maio, as instalacións da biblioteca contarán cun cambio de horario ata o vindeiro 15 de xuño. Deste xeito, a apertura realizarase da seguinte maneira: De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h. e, polas tardes, de 16:30 a 20:00 h.

Ares consegue 180.000 euros para a rexeneración do humidal da Xunqueira e a súa contorna

A raíz desta nova, o municipio recibiu hoxe á conselleira de Medioambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez Mejuto, acompañada polo equipo de goberno e membros da corporación municipal. A Xunqueira, recuperada e posta en valor dende a primeira lexislatura do alcalde Julio Ignacio Iglesias Redondo en 2008, verá renovada a súa pasarela de madeira ao […]

Punto limpo móbil instalado en Cortiñas Gil

O punto limpo móbil do Concello vén de ser instalado na contorna de Cortiñas Gil dende onte ata o remate desta semana. Xa podes achegarte alí a deixar os teus residuos domésticos especiais ao longo dos vindeiros días: ✅ Pilas e baterías, ✅ Lámpadas e tubos fluorescentes, ✅ Aceites vexetais e minerais, ✅ Pequenos electrodomésticos, […]