BANDO MUNICIPAL: Fogueiras de San Xoán e San Pedro 2025

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE  DO CONCELLO DE ARES, FAI SABER: Que, estando próxima a celebración das noites de San Xoán e de San Pedro, coas tradicionais fogueiras,  e sendo preciso controlar o cumprimento da normativa vixente, sobre todo en canto á seguridade dos participantes, tendo en conta que segundo o disposto no artigo 1.1º […]

O edificio municipal de Servizos Sociais contará cunha nova cuberta tras a súa reposición

O Concello vén de iniciar os traballos de cambio da cuberta da infraestrutura situada na Praza da Constitución, onde se incorporarán aillamento térmico de poliestireno, placas de fibrocemento e tellas de cerámica curva. A intervención contará cun orzamento de 58.000 euros, financiados cun préstamo do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).   Esta mesma […]

O XIV Mercadillo Veciñal do Concello de Ares chegará á vila o vindeiro 6 de xullo

O paseo marítimo encherase durante todo o día de postos para intercambiar, mercar e vender produtos de segunda man, material de coleccionismo ou artesanías. Para a reserva de stands será necesario inscribirse de xeito presencial na Biblioteca Municipal de Ares en dúas quendas: do 16 ao 17 de xuño empadroados/as e do 18 ao 19 […]

Ares e Mugardos celebran un ano máis o seu tradicional Voto de Chanteiro

Nun caluroso martes, 10 de xuño, veciños e veciñas de Ares e Mugardos reuníronse arredor da Ermida da Mercé para conmemorar unha das tradicións máis antigas do territorio: o Voto de Chanteiro, unha romaría que mestura a historia coa festa popular nunha contorna privilexiada. A xornada comezou coa tradicional misa ás 12:00 h., seguida da […]

Punto limpo móbil instalado en Cervás (09.06.2025)

 O punto limpo móbil do Concello vén de instalarse en Cervás para que a veciñanza deposite os residuos de tratamento especial: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos. Lembra que estará alí toda a semana!

O Concello pechou a programación da Academia AresXSalud cun showcooking sobre ceas saudables

A docente gastronómica Eva Pazos, profesora na escola Oído Cociña, puxo o punto e final ao ciclo divulgativo municipal da Academia AresXSalud para a tempada 2024-2025, xunto coa concelleira de Benestar, Victoria Montenegro. A Alianza Aresana foi o escenario do seu showcooking o pasado venres, onde ensinou á veciñanza como elaborar cear equilibradas e nutritivas […]

Un equipo de campións

Esta fin de semana o Club Remo de Ares regresou á nosa vila cun novo título e unha nova alegría: voaron sobre as augas do Porto de Aguiño para acadar o Campionato Galego de Traineras con toda a súa bravura xabrenta! Unha loita dende a primeira pada e unha demostración de que continúan na senda […]

O Concello prosegue co proxecto de ampliación e mellora no Camiño de Estacas con dous expedientes abertos que permitirán ensanchar un tramo desta vía municipal

A administración local de Ares vén de recibir o borrador do proxecto de expropiación para mellorar o acceso a Estacas na zona urbana –na marxe dereita en dirección Estacas–, amais de ordenar neste pasado mes de abril a continuación dos traballos de limpeza, taluzado completo, estabilización de muros e poda e tala de todas as […]

Preto de 60 participantes pechan o curso do programa Envellecendo en Ares 24-25

O Casino Aresán acolleu esta semana o punto e final das actividades para persoas maiores dentro da programación municipal Envellecendo en Ares 2024-2025, unha iniciativa que procura promover unha vellez de calidade, con socialización, aprendizaxes e estimulación cognitiva na veciñanza de máis de 55 anos. Preto de 60 participantes dos obradoiros do Concello de manexo […]