A Agrupación Instrutiva de Caamouco presenta o último número da revista A Tenencia

O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, acudiu onte ata a Agrupación Instrutiva de Caamouco para participar na presentación do volume 9 de A Tenencia, a revista de estudos locais que impulsa a asociación para recompilar a memoria de Ares, divulgala e coidala. No acto de presentación, o coordinador da revista Ernesto López Naveiras, debullou […]

A exposición Destino Igualdade chega á Casa da Xuventude de Ares

O andar superior da instalación municipal albergará unha mostra composta por diferentes paneis e materiais gráficos que narra a historia de Nagalaskshmi, parte do primeiro grupo de mulleres formadas pola Fundación Vicente Ferrer como conductoras de autorickshaw, un mototaxi típico da India. A exposición estará dispoñible dende o 3 ao 14 de marzo, achegando un […]

Publicación das bases do Concurso do cartel anunciador do Ares Indiano 2025

Aprobadas pola Xunta Municipal de Goberno do Concello de Ares en data 20/02/2025 as BASES DO I CONCURSO PARA A SELECCIÓN DO CARTEL ANUNCIADOR DO ARES INDIANO, publícanse integramente as mesmas e se procede á convocatoria do concurso segundo as seguintes:   BASES DO I CONCURSO PARA A SELECCIÓN DO CARTEL ANUNCIADOR DO ARES INDIANO […]

Ares conclúe a conmemoración do Día de Rosalía 2025

Na xornada de onte, 24 de febrero, realizouse na Alianza Aresana o concerto de María Faltri cunha interpretación da obra “Os Cantares Galegos”, unha adaptación que forma parte da celebración de Día de Rosalía en Ares. O espectáculo abarcou algunhas das poesías de Rosalía de Castro, a gran renovadora da literatura galega e unha das […]

Punto limpo móbil dispoñible no Porto

O punto limpo móbil do Concello xa está á disposición da veciñanza na contorna do Porto durante toda esta semana para que se depositen os residuos de tratamento especial. Lembra que alí podes deixar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.

Continúa a programación polo Día de Rosalía 2025

A conmemoración do Día de Rosalía 2025 na vila arrancou cunhas tesoiras, pegamento e a confección da ‘Mariquiña Rosaliana’! A rapazada acudiu á Biblioteca Municipal de Ares para poñer toda a atención na figura da poeta, a gran renovadora da literatura galega e impulsora do Rexurdimento, e facer unhas manualidades que deron resultados ben vistosos. […]

O SendAres completa o quinto roteiro pola costa de Chanteiro

Este pasado domingo, 23 de febreiro, os participantes do SendAres embarcáronse nun novo percorrido pola costa aresá descubrindo a riqueza natural de Chanteiro nun itinerario de 10 quilómetros que combinou exercicio, aventura e paisaxe. A ruta iniciouse no Centro Cultural Outeiro, levando aos participantes por sendeiros que bordean o litoral ata alcanzar Punta Coitelada e […]

A Academia AresXSalud aborda a importancia do solo pelviano na súa sesión de febreiro

A Alianza Aresana acolleu este venres pasado unha nova sesión da Academia AresXSalud, poñendo o foco da súa divulgación no coidado do solo pelviano. As fisioterapeutas do SERGAS Paula Carpente Leira e Consuelo Castro Guerra explicaron á veciñanza a relevancia deste conxunto de músculos e achegaron exercicios sinxelos para fortalecer a súa saúde no día […]

O Concello inicia as obras de arranxo do camiño municipal de O Castro

A intervención renovará o pavimento cun novo aglomerado para rematar coas irregularidades da superficie, ademais de ampliar o ancho do vial e reacondicionar as bocas dos pozos de saneamento. O proxecto, que inclúe tamén as actuacións futuras nos camiños de A Pena e Louseira, supoñen un investimento total de 113.821,08 euros asumidos entre POS+2024 e […]