As melodías da Orquestra Sinfónica de Galicia enchen a Igrexa de San Xosé de Ares

Corenta e catro mozas e mozos da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) achegáronse até Ares para ofrecer o Concerto de Reis este sábado pasado, un xeito de despedir o Nadal e tamén a programación lúdico-cultural que desenvolveu o Concello nestas datas festivas. As voces do Coro Infantil e do Coro Xuvenil soaron con forza na […]

Os Reis Magos visitarán Ares o vindeiro 5 de xaneiro

As súas Maxestades percorrerán a partir das 16:30 horas tanto as parroquias como o núcleo urbano da vila, onde rematarán o seu itinerario para facer a súa recepción no interior da Alianza Aresana. Este domingo, 5 de xaneiro, os Reis Magos chegan dende Oriente ata Ares para saudar e escoitar a toda a veciñanza que […]

Ares e Mugardos despediron o ano coa súa tradicional carreira entre municipios

A modo de singular ‘San Silvestre’, xa asentada como unha das probas deportivas con máis tradición na comarca, a XIX Carreira de Fin de Ano Mugardos-Ares volveu percorrer os dous concellos con arredor de 400 corredores e corredoras na liña de saída durante a mañá de onte. Foi unha xornada para despedir o 2024 con […]

O Concello renova as instalacións do Centro Cultural Outeiro de Chanteiro

Mellorarase a eficiencia enerxética do edificio intervindo na envolvente térmica, no aillamento das fachadas, o sistema de calefacción e a iluminación, incorporando luminarias de tipo LED. O orzamento ascende a 105.000 euros, IVE engadido, cofinanciado entre a Vicepresidencia Primeira e Conselleria de Presidencia, Xustiza e Deportes (na actualidade, Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes) mediante […]

A Cabalgata de Papá Noel percorrerá Ares na tarde do martes, 24 de decembro

Visitaranse todas as parroquias do municipio, arrancando ás 16:00 horas da Praza do Pedregal, en Redes, e Santa Claus pechará o seu itinerario cunha recepción na Alianza Aresana acompañado dos seus axudantes. Chegado dende o círculo polar ártico, Papá Noel xa ten unha data reservada para que os pequenos e pequenas de Ares poidan velo […]

O espíritu do Nadal tamén se estende pola Biblioteca Municipal de Ares

Dende o 9 de decembro, a biblioteca aresá conta con diferentes iniciativas culturais para celebrar o Nadal, conectando a literatura con estas datas de bos desexos, propósitos de aninovo e moitas historias. Por iso, calqueira veciño ou veciña que o desexe pode achegarse até as súas instalacións e comprobar o que preparou o seu equipo […]

O ‘western’ á galega de ‘Vaites, rapariga’ chega a Ares cargado de comedia negra

Tarabela Creativa estará no salón de actos da Alianza Aresana o venres, 20 de decembro, ás 20:00 horas, para representar este espectáculo con música en directo, moito humor e estética de vaqueiros. Carmen ‘Lingua Afiada’ Conde e Su Garrido ‘Guitarra Lenta’ Pombo aterrarán en Ares cun espectáculo moi particular: un ‘western’ que narra as historias […]

O XIII Festival de Panxoliñas celebrarase en Ares o vindeiro 22 de decembro

A Concellaría de Cultura vén de anunciar a data de celebración do Festival de Panxoliñas, un evento que camiña cara a súa décimo terceira edición para reafirmar o seu carácter tradicional na vila nestas datas de Nadal. Así, o 22 de decembro a partir das 18:00 horas a Igrexa de San Xosé de Ares converterase […]