Lara Pita acada o podio en terras lusas no eido do ciclismo

Trasladamos a nosa felicitación á veciña aresá Lara Pita Pena polo seu bo facer no circuíto portugués de Marmeleira – Mortágua, onde logrou o primeiro posto na proba de BTT Women Junior cun tempo de 1:07:25. O evento, inscrito na XCO Super Cup de ciclismo, realizouse a comezos deste mes de maio e permitiu a […]
O Concello programa unha saída ata Portugal para os veciños e veciñas de Ares

O sábado, 14 de xuño, a veciñanza poderá visitar Valença do Miño, Vila Nova de Cerveira e Fortaleza por un prezo de 30 euros, incluíndo xantar e servizo de autobús. As inscricións para empadroados/as abren hoxe, 13 de maio, até o 23 deste mesmo mes, a partir do cal se habilitará o proceso para que […]
Adiada a presentación do último libro de Xoán Rubia, ‘O PRACTICANTE RURAL’

Por motivos de carácter persoal que impiden a asistencia do autor, Xoán Rubia, ó acto, adíase a presentación de ‘O Practicante Rural’ prevista para o vindeiro venres, 16 de maio, no marco da programación do Concello de Ares polas Letras Galegas 2025. Procurarase unha nova data de realización o máis pronto posible.
Ferrolterra protagoniza coa súa oferta turística pet friendly a feira ‘Pata Pata’ na Coruña

Esta fin de semana Ferrolterra participou en EXPOCoruña no festival Pata Pata: Feira dos Animais de Compañía e Turismo Pet Friendly, pata-pata.org, para a promoción do xeodestino FERROLTERRA. Onte domingo, 11 de maio, Alma Barrón Ferro, Primeira Tenente de Alcalde de Ares, en representación da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, participou en Cara […]
O SendAres cruza fronteiras para descubrir a natureza leonesa

Durante esta fin de semana do 10 e 11 de maio, o programa municipal de sendeirismo do Concello, SendAres 2024-2025, organizou unha saída extraordinaria fóra de Galicia, explorando algúns dos espazos máis singulares da Cordilleira Cantábrica. O sábado arrancou coa Travesía Tarna-La Uña, un percorrido de 11 quilómetros polo corazón do Parque Natural de Redes, […]
APERTURA DAS INSCRICIÓNS DO CONCILIARES 2025

Lembra que hoxe, luns, 12 de maio, comezan as inscricións para o servizo municipal de conciliación laboral e familiar do Concello, o ConciliAres 2025. Previa entrega da documentación no Departamento de Servizos Sociais ou vía rexistro electrónico na web institucional, www.concellodeares.gal, é preciso formalizar un prerrexistro en liña, tal e como figura nas bases do […]
O Concello desvela os horarios e tapas do DegustAres 2025

A ruta do pincho da Concellaría de Comercio arranca xa esta fin de semana! É o momento de prepararse para o DegustAres 2025 e saír a saborear as 7 tapas que atoparás na vila durante as xornadas do 10, 11, 17 e 18 de maio. Bota unha ollada aos horarios dos establecementos e lembra que […]
Bases do servizo municipal de conciliación laboral e familiar ‘ConciliAres’ 2025

INTRODUCIÓN: Galicia é un referente nas actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre que se programan, de xeito maioritario, durante os meses de verán. Prográmanse centos de actividades ao longo do noso territorio co obxectivo de ofrecer un recurso de educación no tempo libre para os nenos/as e mozos/as, e de conciliación […]
O ConciliAres abre a vindeira semana as súas inscricións

O servizo de conciliación laboral e familiar do Concello activará o proceso de reserva de prazas o luns, 12 de maio ata o martes, 30 deste mes, habilitando a opción de achegar a documentación no Departamento de Servizos Sociais de Ares ou por rexistro electrónico na web institucional, concellodeares.gal. A Concellaría de Igualdade e […]
Ares celebrará as Letras Galegas con obradoiros, presentación de libros e moita máis cultura

Dende o 12 ata o 22 de maio, a vila contará con múltiples eventos que conforman a programación municipal para celebrar unha das efemérides máis relevantes da cultura galega. FORMULARIO DE INSCRICIÓN PARA O OBRADOIRO SUPERLECTORXS: https://forms.gle/pG8GvHrcwf1N4rrz5 A Concellaría de Cultura vén de anunciar as cinco grandes programacións que se organizarán na vila de Ares […]
Renovación do DNI na Biblioteca de Ares o vindeiro 29 de maio

O 29 de maio poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares! Se estás interesado en facelo, concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057, de luns a venres, no horario de apertura da biblioteca. Lembra que […]
Inicio do aglomerado na Avenida de Mugardos con data 08.05.2025

O Concello informa de que mañá, xoves, 8 de maio, darán comezo os traballos de aglomerado no vial autonómico da Avenida de Mugardos, coa consecuente regularización e desvío de tráfico ata a finalización de toda a intervención. Segundo a información recibida, o xoves, 8 de maio, as obras centraranse no primeiro tramo que abrangue dende […]