A Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET) informa no seu boletín dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel LARANXA
(Risco importante) por COSTEIROS que afecta a todo o litoral de Galicia durante a xornada de hoxe, xoves, 18, e mañá, venres, 19 de decembro.
Agárdase mar combinada do Noroeste e Oeste con ondas de 5 a 7 metros, amais de ventos de 62 a 74 km/hora (forza 8) no Noroeste da Coruña. Tamén se manteñen activas alertas de nivel AMARELO por CHOIVAS e VENTOS neste mesmo ámbito xeográfico.
Prégase tomar medidas preventivas e, no caso de ser necesario, chamar a Emerxencias Galicia no 112.
Podes consultar a información actualizada en tempo real nesta ligazón: https://www.meteogalicia.gal/web/predicion/avisos/0.

