Continúan os fenómenos metereolóxicos adversos destes últimos días, como se informa no último boletín da Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET) cun episodio de nivel LARANXA 🟠 (Risco importante) por COSTEIROS que vai afectar a todo o litoral de Galicia dende as 17:00 h. de hoxe, 📅 13 de febreiro.
As previsións contemplan ventos do norte ou noroeste que poden acadar forza 8 (entre 62-72 km) e mar combinada de 5 a 7 metros.
Prégase tomar medidas preventivas e, no caso de ser necesario, chamar a Emerxencias Galicia no ☎️ 112.
Podes consultar a información actualizada en tempo real nesta ligazón: https://www.meteogalicia.gal/web/predicion/avisos/0.



