Concellaría de Igualdade e Benestar de Ares pon en marcha a campaña de Axudas Económicas para Agasallos de Nadal 2025, destinada a apoiar ás familias con menores ao seu cargo que necesiten colaboración para adquirir agasallos estas festas.
Quen pode solicitar a axuda:
-
Familias empadroadas en Ares con alomenos 6 meses de antigüidade no municipio.
-
Con menores ao seu cargo que non teñan cumpridos os 17 anos na festividade de Reis de 2026.
Contía da axuda:
-
60 € por menor ao seu cargo.
-
Os fondos deben destinarse á compra de xoguetes, libros, CDs, roupa, artigos deportivos ou dispositivos relacionados coas novas tecnoloxías.
Prioridade:
-
Teranse en conta os ingresos económicos da familia.
-
Prioridade para aquelas familias en situación de vulnerabilidade económica, segundo os baremos das bases reguladoras da campaña.
Prazo de solicitude:
-
Desde hoxe, 20 de novembro, ata o 12 de decembro de 2025, ambos inclusive.
-
A documentación debe presentarse no Departamento de Servizos Sociais, sito na Praza da Constitución, Ares.
Xustificación da axuda:
-
Tras a tempada do Nadal, as familias deberán presentar os recibos de compra no Departamento de Servizos Sociais do Concello entre o 8 e o 31 de xaneiro de 2026.
Información adicional:
-
Para máis detalles sobre os procedementos e requisitos, contactar co Departamento de Servizos Sociais no 689 24 25 96.
BASES EN PDF: 2025-Campaña Agasallos de Nadal Concello de Ares
RESOLUCIÓN ALCALDÍA Concesión axuda de emerxencia social EN PDF

