JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE  DO CONCELLO DE ARES,

FAI SABER:

Sendo toda a veciñanza coñecedora dos problemas existentes no abastecemento de auga durante o verán por mor do incremento considerable da poboación, transmítense un conxunto de recomendacións co fin de evitar o consumo simultáneo en certos momentos do día, agravándose especialmente durante as fins de semana:

  • Evitar poñer lavadoras os sábados e domingos pola mañá, así como entre as 20:00 h. e as 22:00 horas. Recoméndase facelo noutros días da semana.
  • Realizar duchas cortas de menos de 5 minutos de duración.
  • Procurar poñer os lavalouzas a media tarde ou despois das 22:00 horas.
  • Evitar a dobre descarga dos inodoros cando non sexa estritamente necesario.
  • Evitar a enchedura de piscinas, o baldeo de patios, o lavado de coches, as regas e calquera outro uso que non sexa imprescindible para a vida diaria.

Tratemos entre todos de escalonar a forte demanda simultánea que se produce nas fins de semana pola mañá e entre as 20:00 h. e as 22:00 horas.

Grazas pola súa colaboración.

O alcalde,

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO.

2025-BANDO MUNICIPAL en PDF: Recomendacións para o consumo de auga en certos momentos do día na vila de Ares