Avisos

BANDO JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, FAI SABER:

Que, constatada no seo da Mancomunidade a urxencia de reparar as fugas na tubaxe da ponte das Pías, e ante a declaración do escenario de prealerta por escaseza moderada de auga na comarca (UT 14-Ferrol), na cal se integra o termo municipal de Ares, faise preciso adoptar medidas preventivas conxuntas para garantir a subministración á poboación.

Por todo isto, SOLICÍTASE A COLABORACIÓN CIDADÁ e dispóñense as seguintes recomendacións e medidas de uso responsable da auga:

  • Usos non esenciais: Reducir ao mínimo o rego de xardíns e hortas. Evitar o lavado doméstico de vehículos e o enchido de piscinas.

  • Consumo no fogar: Revisar instalacións para corrixir fugas e empregar dispositivos de aforro en billas e cisternas.

  • Electrodomésticos: Empregar lavadora e lavalouza unicamente a carga completa e con programas eficientes.

Apélase á concienciación e responsabilidade colectiva: xestionar a auga con sensatez hoxe é a garantía da subministración de mañá.

O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.

Grazas pola súa colaboración.

Ares, 16 de setembro de 2026

O alcalde, Asdo. Julio Ignacio Iglesias Redondo