Bases da nova edición do DegustAres, o concurso de tapas municipal, que recalará na vila aresá este mes de abril

2024-CARTEL DEGUSTARES

Comparte este evento

O Concello de Ares organiza unha acción promocional baixo o nome de Degustares 2024.

BASES DE PARTICIPACIÓN

1- OBXECTO:

O obxecto destas bases é a participación de todos aqueles establecementos hostaleiros en activo de Ares que habitualmente sirvan pinchos e/ou tapas aos seus clientes, dando a coñecer a riqueza gastronómica e as distintas propostas dos nosos locais entre os cidadáns e visitantes, así como animar a actividade en temporada baixa.

2- INSCRICIÓNS:

Solicitude de participación na que conste o nome de local, o seu teléfono, o nome da tapa, una fotografía da tapa proposta e a franxa horaria do servicio de comidas e ceas no que cada local pretenda ofertar a tapa.

Comezo de inscricións o día 25 de marzo ata o 5 de abril de 2024.

Todas as solicitudes entregaranse ben no concello de forma presencial, ben na web www.concellodeares.gal.

3- PROCEDEMENTO:

O Concello de Ares comprométese:

A organizar e impulsar esta acción promocional.

A proporcionar a publicidade necesaria para o desenvolvemento desta acción promocional (carteis, cartilla, difusión nas redes sociais, páxina web).

A realizar o seu seguimento e resolver cantas cuestións poidan xurdir.

4- DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO POR PARTE DOS ESTABLECEMENTOS:

Durante o período do evento, do 13 a 14 de abril e do 20 ao 21 do mesmo mes, os locais participantes ofertarán ao público, ó mediodía durante o servicio das comidas ou pola noite durante o servicio das ceas, a tapa sinalada na inscrición.

Os ingredientes das tapas e a materia prima para a súa elaboración serán libres, aínda que deberán ser produtos galegos na súa maioría, co obxectivo de resaltar a cultura gastronómica da nosa terra.

Cada establecemento poderá participar presentando unha única tapa ao concurso.

Cada local participante fará promoción do concurso DEGUSTARES colocando nun lugar ben visible a promoción do evento que se está a realizar. Así mesmo, aqueles que teñan redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram, etc.) ou páxina web terán que colaborar na difusión dixital do concurso.

Os establecementos participantes distribuirán entre os seus clientes tarxetas específicas coa imaxe do DEGUSTARES onde estarán expostas todas as tapas que participan neste evento promocional.

Os locales que participan deberán ter selos dos seus establecementos.

Para que a participación dos clientes sexa válida, o cartón deberá estar completamente recheo e selado por todos os establecementos participantes. O cartón depositarase nunha urna no concello para formalizar a participación dos clientes no DEGUSTARES.

5- DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO POR PARTE DOS CLIENTES:

Os clientes que desexen participar neste concurso deberán pasar por todos os establecementos adheridos ó evento gastronómico.

Deberán cubrir todas as tarxetas con seus datos persoais e indicar a súa valoración sobre os pratos a degustar cunha puntuación de 15 puntos para a mellor tapa, 10 puntos para a segunda mellor tapa e 5 puntos para a terceira mellor tapa.

Non entrarán no sorteo as tarxetas que non estean seladas polos establecementos, aínda que estean puntuadas.

Por cada pincho cobrarase un prezo de 1 euro.

6- DESENVOLVEMENTO DAS XORNADAS:

Durante os días sábado, 13, e domingo, 15 de abril e a fin de semana do 20 a 21 do mesmo mes, os establecementos ofrecerán aos seus clientes unha tapa por valor dun 1 euro, o propio pincho que participará dentro do concurso durante as horas da comida e da cea.

Os concursantes deberán degustar e valorar as tapas en cuestión, cubrindo debidamente o cartón que se lles dará no local participante.

O cartón contará cun recadro para cada establecemento participante para que os clientes puntúen as tres mellores tapas con 15 puntos para a mellor, 10 puntos para a segunda mellor e 5 puntos para a terceira.

7- PREMIOS PARA OS ESTABLECEMENTOS GANADORES:

O primeiro premio estará dotado dun diploma conmemorativo, recoñecendo o primeiro posto, e un vale de 500 euros.

O segundo premio estará dotado dun diploma conmemorativo, recoñecendo o segundo posto, e un vale de 400 euros.

O terceiro premio estará dotado dun diploma conmemorativo, recoñecendo o terceiro posto, e un vale de 300 euros.

Visita e unha noite de hotel para dúas persoas nas Bodegas Valdelana na localidade El Ciego (Álava), xentileza de Bodegas Valdelana.

 

Para coñecer os establementos ganadores, empregarase un método de selección baseado no reconto de votos das tarxetas dos clientes debidamente seladas.

* O Concello dará os vales, que terán que ser canxeados nos establecementos de hostalería e comercio.

 

Para a entrega da viaxe, realizarase un sorteo entre os establecementos adheridos á campaña do DegustAres.

Este sorteo levarase a cabo o día 3 de maio. Retirada de urnas dos establecementos o día 29/04/2024.

8- PREMIOS PARA OS CLIENTES GANADORES:

  1. Primeiro premio será dun vale de 100 euros.
  2. Segundo premio dun vale de 100 euros.
  3. Terceiro premio será dun vale de 100 euros.
  4. Cuarto premio será dun vale de 100 euros.
  5. Quinto premio será dun vale de 100 euros.
  6. Sexto premio será dun vale de 100 euros entre o público que estea presente (maiores de idade e que participaran na campaña).
  7. Visita e unha noite de hotel para dúas persoas en Bodegas Valdelana, na localidade de El Ciego, Álava. Xentileza de Bodegas e Vinos Ares.
  8. 2 entradas para ver o Racing.
  9. 2 camisetas do Racing

9- CANXEO DOS VALES:

Todos os vales deberán ser canxeados naqueles establecementos que estiveran adheridos ao MercARES, co fin de seguir promocionando o comercio local e a nosa hostalería.

O cobro destes vales efectuarase a través de ABANCA, en horario de 8:15 a 11:00 horas, sendo necesario achegar nome e apelidos, DNI da persoa que entrega o vale e factura ou ticket do establecemento onde se produza o canxeo.

Os vales caducarán aos seis meses. Data límite: 31 de outubro do 2024.

10- ENTIDADES COLABORADORAS:

COCA-COLA

BODEGAS E VINOS ARES

BODEGA DE VINOS VALDELANA

ABANCA

CONCELLO DE ARES

11- PROTECCIÓN DE DATOS:

En cumprimento da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e Garantía dos dereitos dixitais, o Concello informa de que, unha vez concluído o evento de DEGUSTARES, se compromete a destruír todos os datos de contacto dos clientes participantes no sorteo.

Pódeche interesar...