1. OBXECTO DO CONCURSO

O Concello de Ares convoca un concurso para seleccionar o cartel anunciador da VIII  edición do ARES INDIANO, evento lúdico-cultural que se celebrará os días 22, 23 e 24 de agosto de 2025.

O premio pretende estimular a creatividade dos artistas participantes e fomentar a difusión do evento  que ten lugar en Ares desde hai 8 anos. O cartel será a peza máis visible en todas as accións de comunicación que se realicen con motivo desta nova edición do Ares Indiano.

 

  1. PARTICIPANTES

Este é un concurso aberto a deseñadores, artistas e creadores que residan en Galicia. Polo tanto poderán participar no mesmo cantas persoas estean interesadas, que sexan maiores de idade, podendo presentar cada unha delas un máximo de 2 deseños a concurso.

 

  1. TEMA

O cartel oficial da VIII Edición do ARES INDIANO, terá como propósito recoller a idea da homenaxe á cultura e a instrución indiana tan presente no Concello de Ares que se ensalza cada verán na vila.

A temática será libre, así como o seu estilo e técnica, aínda que o resultado será adecuado para anunciar o evento que nos ocupa, e  a realidade deste municipio, procurando reflectir aqueles motivos que identifiquen o evento e a vila de Ares .

Nas obras presentadas deberá figurar de forma ben visible o seguinte texto:

VIII ARES INDIANO

22, 23 e 24 de agosto 2025

O deseño deberá contar cun espazo libre para a posterior inserción dos logotipos institucionais e privados que sexan necesarios. Para iso deixarase unha banda inferior de 5 cm de alto para tal fin, dentro do deseño.

Así mesmo é importante ter en conta que o deseño elixido do cartel aplicarase a moi distintos formatos publicitarios, (roll up, valos, mupis, dípticos, prensa, etc.) polo que o deseño debe permitir a súa adaptación horizontal e vertical, sendo identificable en calquera deles.

 

4.PRESENTACIÓN

As persoas que se presenten a concurso deberán realizar o seu deseño en tamaño 50×70 cm, formato vertical.

Para a selección inicial enviarase en formato dixital, JPG, RGB, 300 ppp, cun peso máximo de 3 Megas e enviarase por mail á seguinte dirección:  aresindiano@concellodeares.com con este asunto :  Concurso Cartel Anunciador Ares Indiano 2025

No correo electrónico remitido ao Concello de Ares deberá achegarse ademáis un documento asinado polo/a autor/a coa seguinte información:

1- Título/s do cartel.

2- Nome do autor.

3- Copia do D.N.I.

4- Teléfono de contacto.

5- E-mail de contacto.

6- Explicación do cartel (máximo 5 liñas/cartel), como por exemplo, idea que tenta      transmitir, obxectivo, elementos simbólicos empregados, etc.

7- Declaración responsable do Anexo I cuberta e firmada.

Os traballos presentados teñen que ser orixinais, de creación propia e inéditos, e o autor deberá ser propietario dos dereitos sobre as imaxes e elementos utilizados no cartel ou ben tratarse de recursos de libre uso.

Todos os participantes responsabilízanse totalmente de que non existan dereitos a terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación que poida interpoñerse por dereitos de imaxe ou análogos.

 

5-PREMIOS

Establécese un único premio para a persoa gañadora dotado coa cantidade económica de 500 euros, que estará suxeito a impostos ou retencións vixentes segundo Lei.

A entrega efectiva do premio quedará condicionada a que o gañador cumpra coa totalidade das bases e a veracidade dos datos achegados na inscrición.

O premio é intransferible.

 

6- XURADO E SELECCIÓN DO GAÑADOR

O xurado será seleccionado pola concellaría de Cultura do Concello de Ares

O premio poderá ser declarado deserto se, a xuízo do xurado, ningúns dos traballos presentados acada os obxectivos do concurso.

 

7- PRAZOS

O prazo de presentación das propostas abrirá o día seguinte da súa publicación no BOP da Coruña e rematará o 10 de maio do 2025.

 

8- COMPROMISOS DA PERSOA GAÑADORA

A persoa gañadora do concurso deberá facilitar ao Concello de Ares nos prazos que este indique a arte final do cartel seleccionado. Os arquivos finais deberán estar en formato dixital editable (capas) para a súa adaptación a outros posibles soportes por parte da organización.

A persoa autora do deseño gañador cede en exclusiva ao Concello de Ares os dereitos de explotación do traballo gañador sen ningún tipo de limitación, abarcando todas as modalidades de explotación e sen limitación territorial, temporal ou de calquera outra índole. No premio outorgado inclúese o prezo da cesión dos dereitos, ademais de que o Concello de Ares, poderá modificar, desenvolver ou adaptar estes deseños utilizando calquera medio que considere oportuno.

O Concello de Ares será propietario do deseño e poderá, se fose o caso, e de acordo á lexislación vixente, rexistralo, co que adquirirá os dereitos de propiedade industrial.

 

9- ACEPTACIÓN DAS BASES E PROTECCIÓN DE DATOS

A participación neste Concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a conformidade coas decisións do Xurado. Así mesmo, os/as participantes deberán presentar xunto coa documentación indicada, declaración responsable do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 8/2003 do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións segundo modelo anexo. No caso de recibir o premio deberán acreditar acharse ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social.

As persoas participantes no presente concurso consenten que os seus datos persoais sexan tratados conforme as disposicións do Regulamento UE da Lei Orgánica 3/2018 de 5 de decembro de Protección de Datos persoais e garantía dos dereitos dixitais  para o desenvolvemento do presente concurso, así como para comunicar noticias, novidades e información en xeral do Concello de Ares.

 

BASES DO I CONCURSO PARA A SELECCIÓN DO CARTEL ANUNCIADOR DO ARES INDIANO