BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAIS VACANTES, VACACIÓNS, REFORZO EXTRAORDINARIO DO SERVICIO OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NO POSTO DE OFICIAL DE 1ª MAQUINARIA PARA O SERVIZO DE AUGAS INTERINO OU PERSOAL LABORAL TEMPORAL

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
O obxecto da convocatoria é a creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das posibles vacantes, vacacións, reforzó extraordinario do servicio ou ausencias que se poidan dar no posto de oficial de 1ª maquinaria para o servizo de augas.

A presente selección regularase polo previsto nas presentes bases e no que estas non prevean polo establecido en :

  • RD Lei 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público.
  • Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
  • Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto lexislativo 781/1986, de 13 de xuño.
  • Lei 5/1997, do 22 de xullo, da administración local de Galicia.
  • Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.
  • Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local.
  • Con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña a Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia.
  • Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado e demais disposicións aplicables, así como a orde xa citada.

BASES en pdf