ANTECEDENTES
Dado que durante o ano 2023 a Lei 31/2022, de 23 de decembro de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2023 non se pode proceder á contratación de persoal temporal, nin ao nomeamento de persoal estatutario temporal ou de funcionarios interinos (art. 20.cinco) “:No se podrá contratar personal temporal, ni realizar nombramientos de personal estatutario temporal y de personal funcionario interino excepto en casos excepcionales y para cubrir necesidades urgentes e inaplazables, en los supuestos y de acuerdo con las modalidades previstas por el texto refundido de la Ley del Estatuto de los Trabajadores, en su redacción dada por Real Decreto-ley 32/2021, de 28 de diciembre, el texto refundido de la Ley del Estatuto Básico del Empleado Público, en su redacción dada por la Ley 20/2021, de 28 de diciembre, así como en el resto de normativa aplicable.
No presente suposto hai caus-a-s excepcionais, urxentes e inaplazables que afecta a un servizo-función considerado prioritario e que afecta ao funcionamento dos servizos públicos esenciais como é a administración de xustiza e vir xustificada a contratación por causas excepcionais, -urxentes e inaplazables.
O prazo máximo será de 12 meses e en todo caso cando se cubra a praza obxeto de establización ( Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público) con data límite de cobertura 31-12-2024 para traballos relacionados co desempeño da secretaría do Xulgado de Paz de Ares mentras persista a baixa da titular, e así mesmo cesará anticipadamente ao prazo de 12 meses se a titular se reincorpora ao seu posto de traballo; e nos termos do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, que desenrola o artigo 15 do Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, a modalidade será : substitución nos termos do parágrafo 3º da disposición adicional 4ª da Real Decreto-Lei 32/2021 establece que “se poderán subscribir contratos de substitución para cubrir temporalmente un posto de traballo ata que finalice o proceso de selección para a súa cobertura definitiva, de acordo cos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade e nos termos establecidos na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público” cun prazo máximo de doce meses e en todo caso cando se cubra a praza obxeto de establización ( Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público) con data límite de cobertura 31-12-2024 para traballos relacionados coa secretaría do Xulgado de Paz do Concello de Ares.
1º.- NORMAS XERAIS.-
A selección rexerase polo previsto nestas bases, Lei 2/20 15, do 29 de abril , do emprego público de Galicia, Texto refundido da leí do Estatuto básico do emprego público, Lei 5/ 1997, de 22 de xu llo, da administración Local de Galicia, Lei 30/84, de 2 de agosto, de medidas urxentes para a reforma da función pública, modificada pola Leí 23/88, do 28 de xullo, Leí 7/85, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, Real Decreto Jexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refund ido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, Real Decreto 364/95, Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e o Convenio colectivo vixente para persoal laboral do Concello De Ares condicións laborais e económicas, aprobado polo Pleno do concello o día 13 de febrero do 2015.
2º.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO.-
O cometido funcional deste posto de traballo consistirá na realización das tarefas propias da secretaría do xulgado de paz de Ares.
3º.- DURACIÓN DO CONTRATO.-
O contrato asinarase baixo a modalidade de contrato de traballo de duración determinada por circunstancias da produción, a xornada parcial (20 horas/semana), cunha duración de doce meses. Establécese un período de proba dun mes.
A praza a desempeñar atopase incluida nun proceso de estabilización de emprego temporal nos termos da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público.
4º.- RETRIBUCIÓNS.-
As retribucións serán as correspondentes ó grupo C2, C.D. 18 e un complemento específico de 333,97 euros ao mes.
5º.- REQUISITOS DAS PERSOAS CANDIDATAS.-
- a) Ter a nacionalidade española, sen perxuízo do disposto no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, e do disposto no artigo 52 da Leí 2/2015, do 29 de abril, de Emprego Público de Galicia.
- b) Ter cumpridos os 16 anos de idade, e non superar a idade máxima de xubilación.
- c) Posuír ou estar en condicións de obter o título académico esixido: título de graduado escolar, graduado ESO, formación profesional de primeiro grado, ciclo formativo de grao medio ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredita a súa homologación.
- d) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias da praza.
- e) Non ter sido separada mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatuarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separada ou inhabilitada. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitada ou en situación equivalente nin ter sido sometida a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.
- f) Non incorrer en causa de incapacidade ou incompatibilidade de acordo coa lexislación vixente.
- g) Declaración xurada da persoa aspirante de non ter sido contratado por este concello máis de 12 meses dentro dos últimos 24 meses inmediatam ente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato. Non se terán en canta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado. Ós efectos do cómputo el número de contratos, período e prazos, tomarase en conta o contrato vixente a 31/12/2021 e posteriores.
- h) Carta acreditativa de ter ingresado na tesourería municipal do Concello de Ares a cantidade de 10,00 € en concepto de exame (conta IBAN : oficina de Ares do Banco Santander : número ES88 0238 8160 1606 6000 0173, facendo constar os datos persoais do/a aspirante e praza á que opta. A ausencia do abono dos dereitos de exame dentro do prazo de presentación de instancias, determinará a exclusión do/a aspirante e non poderá ser obxecto de subsanación.
Estes requisitos deberán acreditarse antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes. No caso de que a documentación se presente directamente neste concello deberán traer os documentos orixinais. Si se envía doutras formas deben de aportar a documentación en orixinal ou copia auténtica.
A persoa seleccionada tamén deberá acreditar, antes da dación de alta na seguridade social:
– Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ó pasto de traballo convocado (aportar certificado médico ou certificado de aptitude expedido por mutua autorizada).
6º.- SOLICITUDES.-
Quen desexe participar na oposición, deberá presentar instancia acompañada da documentación que xustifique reunir os requisitos esixidos na base quinta, no rexistro xeral do Concello de Ares, ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso que a solicitude se presente en lugar distinto ao rexistro do Concello de Ares, ademáis deberá remitirse dentro de prazo copia da instancia correctamente selada por fax ao número 981448299.
7º.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.-
O prazo de presentación de solicitudes será de oito días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria nun xornal dos de maior difusión na comarca.
Oito dias naturais a partir do 19-10-2023
8°.- LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.-
No rexistro xeral do Concello de Ares, ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/20 15, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso que a solicitude se presente em lugar distinto ao rexistro do Concello de Ares, ademáis deberá remitirse dentro de prazo copia da instancia correctamente selada por fax ao número 981448299.
9º.- TRIBUNAL DE VALORACIÓN.- Designarase por Resolución da Alcaldía e estará integrado polos seguintes membros: un/ha Presidente/a, Un/ha Secretario/a e tres Vocais
10º.- SISTEMA DE SELECCIÓN.-
O sistema de selección é o de oposición, e consistirá na realización de dúas probas, unha práctica e outra de coñecemento de galego :
Proba práctica:
Consistirá nun exercicio que permita valorar a aplicación dos coñecementos e capacidades dos aspirantes a un suposto concreto, así como coñecer as súas habilidades e destrezas tanto a nivel administrativo como informático. Esta proba práctica simulará un suposto que poida darse no desempeño do posto que se convoca e poderá consistir na realización material da mesma ou na indicación do itinerario a seguir (fases, trámites, solucións a problemas, etc.), na realización da mesma, materializando ou sinalando algunha destas fases. Todas elas relacionadas coa Secretaría do Xulgado de Paz.
Este exercicio valorarase ata un máximo de 1O puntos, sendo a puntuación mínima para superala 5 puntos.
Proba de galego :
Superada esta proba levaráse a cabo unha proba obrigatoria e non eliminatoria sobre galego, consistente en traducir un texto extraído dun xornal do día do castelán ao galego, sendo calificada cun máximo de tres puntos. A posesión do Celga-3 exime de facer dita proba.
A data e lugar de realización da proba anunciarase coa debida antelación a través de web do Concello: www.concellodeares.gal e no taboeiro de anuncios.
11º.- RESOLUCIÓN.-
A resolución da oposición e o nomeamento farase polo Presidente da Corporación Municipal, a proposta do Tribunal cualificador. No caso de empate, o Tribunal reiterará a proba entre as persoas aspirantes con igual puntuación ata seleccionar a unha delas. En ningún caso a proposta, que terá carácter vinculante, poderá exceder do número de postos convocados ( 1).
12.- NORMA FINAL.-
A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polas persoas interesadas nos casos e na forma establecida na Lei 39/2015, de 01 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.