PROPOSTA DE BASES REGULADORAS QUE REXERÁN A SELECCIÓN DO PERSOAL DOCENTE  DA ESPECIALIDADE   SSCS0208   ATENCIÓN  SOCIOSANITARIA  A  PERSOAS  DEPENDENTES  EN  INSTITUCIÓNS SOCIAIS   DO   PROXECTO   DE OBRADOIRO  DUAL      DE EMPREGO “REINICIA X” PROMOVIDO POLOS CONCELLOS DE MUGARDOS, ARES E FENE

1.- Obxecto da convocatoria, normas xerais e principios de actuación

O obradoiro dual de emprego “REINICIA X” confírese como un programa mixto de emprego e formación que ten como finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado participante a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co devandito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

Este obradoiro está cofinanciado pola Comunidade Autónoma de Galicia ao abeiro da Orde do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR353A), publicada no DOG núm. 85, do 4 de maio de 2023 e promovido polos concellos de Mugardos, Ares e Fene .

Respéctanse polo tanto o establecido na Resolución de concesión da subvención, de data 09/10/2023 e co número de expediente 15/0024/2023 e a Circular da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, de data 14/06/2023, sobre Instrucións en relación co procedemento de selección do persoal directivo, docente e de apoio así como do alumnado-traballador dos Programas de emprego para as persoas mozas e obradoiros duais de emprego.Convocatoria 2023-2024

As especialidades a impartir son as seguintes:

  • SSCS0208: Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais alumnos/as- traballadores/as (nivel 2), con 10
  • MAMD0209: Traballos de carpintería e moble (nivel 1) e MAMD0109 Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpinteria e moble (nivel 1) con 10 alumnos/as- traballadores/as

O obradoiro terá unha duración de 12 meses e formará 20 alumnos/as-traballadores/as coa seguinte distribución por concellos tal e como figura no “Convenio de colaboración para o Obradoiro dual de emprego dos Concellos de Mugardos, Ares e Fene” asinado en data 05 de xuño de 2023:

  • Concello de Mugardos: 4 alumnos/as
  • Concello de Ares: 5 alumnos/as
  • Concello de Fene: 11 alumnos/as

Para a xestión e desenvolvemento do obradoiro contratarase ao seguinte persoal:

  • Un/unha director/a (xornada completa)
  • Un/unha docente   para   impartir   o   certificado   de   profesionalidade de  (SSCS0208) ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (xornada completa)
  • Un/Unha docente para impartir os certificados de profesionalidade de (MAMD0209) Traballos de carpintería e moble e MAMD0109 Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble (xornada completa)
  • Un/Unha Titor/a e docente de formación transversal ( formación empresarial, orientación, información profesional, igualdade de xénero, alfabetización informática e sensibilización ambiental) a xornada completa
  • Un /Unha docente de ensino básico (50% de xornada)

A selección do persoal docente da especialidade SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais participante no proxecto que se vai poñer en funcionamento será realizada pola entidade promotora mediante un procedemento específico atendendo ás prioridades do proxecto, aos itinerarios formativos e a criterios de igualdade e obxectividade.

O órgano de selección do proceso actuará sempre de acordo as principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración, eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos, igualdade e non discriminación.

2.- Publicidade do proceso

As presentes bases reguladoras do proceso de selección do persoal unha vez aprobadas pola entidade promotora exporanse ao público no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Mugardos e de forma complementaria na páxina web do Concello de Mugardos (https://mugardos.gal/es/) , así como nos taboleiros e webs dos concellos de Ares e Fene. Ademais, enviaranse á oficina de emprego e tamén serán remitidas á Xefatura Territorial correspondente.

Todas as fases do proceso se darán a coñecer no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Mugardos e de forma complementaria na páxina web do Concello de Mugardos, así como nos taboleiros e nas páxinas web dos concellos de Ares e Fene.

Rematado o procedemento de selección a entidade promotora remitirá á oficina de emprego e á  Xefatura territorial correspondente, a documentación xustificativa do procedemento e a relación das persoas seleccionadas como docente que deberá verificar que cumpre todos os requisitos necesarios para participar no proxecto.

BASES PROCESO SELECTIVO DO PERSOAL DOCENTE en pdf