Cambio de data para a quinta ruta do SendAres 25-26

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Deportes vén de notificar o cambio de data do quinto itinerario que se promove no marco do SendAres, o programa municipal de sendeirismo; un roteiro deseñado para camiñar ao longo de Cabo Prior e Doniños.

Inicialmente prevista para este domingo, 21 de decembro, a ruta adíase até o 11 de xaneiro por motivos organizativos, ampliando o prazo de inscrición até o 30 de decembro de xeito telemático.

A ruta discurrirá por un tramo da costa ártabra, salpicada de antigas baterías militares, con característicos cantís graníticos e a constante presenza do mar, facendo do itinerario un paseo de gran beleza litoral, máis aínda ao pasar polas praias de San Xurxo e Doniños.

O percorrido consta de aproximadamente 15 quilómetros, baixo dificultade media. O prezo é de 20 euros e inclúe servizo de guía, seguros e desprazamento de ida e volta. Dende a Praza da Igrexa de Ares , o punto de encontro, sairase ás 8:00 h. e regresarase ao núcleo urbano preto das 15:00 horas.

LIGAZÓN DE INSCRICIÓN: https://forms.gle/41g7SSW6y2J2oejR6

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local