O Concello de Ares programa 2 itinerarios guiados a prol da igualdade de xénero o vindeiro 8 de marzo.
As cidadás e cidadáns de Ares poderán escoller o seu recorrido preferido para posteriormente inscribirse na páxina web municipal e confirmar a súa participación.
LIGAZÓN PARA INSCRIBIRSE: https://forms.gle/hY4zjBbNCih3qUyT9.
RUTA 1: CAMIÑAMOS XUNTOS
- 10 km. aprox.
- 10:00 h.
- Dificultade baixa-media.
Un itinerario guiado con saída e chegada á Praza da Constitución e atravesando a parroquia de Caamouco. Nesta ruta permítense mascotas e só poderán participar os maiores de 10 anos.
RUTA 2: O QUILÓMETRO DA IGUALDADE
- 1 km aprox.
- 12:15 h.
- Dificultade baixa.
Percorrido accesible dende a Ponte da Ciscada polo paseo marítimo até acadar a Praza da Constitución.
INSCRICIÓNS
De maneira telemática en www.concellodeares.gal. As inscricións son de balde! Tes ata o 3 de marzo.