Renovación da adhesión coa Deputación da Coruña Campaña de sensibilización “LIBERDADE DE SER E SENTIR!”
A renovación da adhesión levouse a cabo o 19/06/2024
Dita renovación desta adhesión compromete ao Concello á difusión en redes sociais empregando o cancelo #seresentir, utilización das imaxes oficiais e publicidade das actividades no marco da campaña.
Foi enviado o logotipo do Concello para incluílo na WEB donde a Deputación fará difusión da campaña.
A Deputación aportará a finales do mes de Xuño un material como Concello Adherido, un pequeno lote de pulseiras e unha bandeira LGTB.
Resumo da campaña:
Con motivo do Día da Diversidade Sexual a área de Igualdade da Deputación da Coruña continua por sétimo ano consecutivo coa campaña de sensibilización baixo o lema de Liberdade de Ser e Sentir
Un ano máis, por sétimo ano consecutivo, e con motivo da conmemoración do 28 de xuño “día da diversidade sexual”, desde Igualdade de xénero da Deputación da Coruña, impúlsase a Campaña de sensibilización “LIBERDADE DE SER E SENTIR!” un traballo colaborado e participado co obxectivo de visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero e, co propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais da que poden formar parte todos aqueles concellos, entidades sociais, educativas e/ou empresariais interesadas.
A campaña é aberta a tódolos concellos e entidades, polo que poderase descargar e empregar calquera material audiovisual ou recurso para levar a cabo actividades e promover a súa difusión. Nestas semanas procederase a renovar/anular a adhesión dos concellos e entidades.
Desde a Deputación poremos en marcha un programa de actividades do que informaremos e colgaremos na propia web, que constará de representacións teatrais, obradoiros de sensibilización, un punto de información e material audiovisual de libre acceso sobre bulos relacionados co colectivo.
Como sempre, na web SER E SENTIR iremos actualizando información e recursos para que os axentes sociais podan traballar coa veciñanza e axudedes a difundir para que esta campaña de sensibilización sobre a diversidade sexual teña o maior alcance posible!
Empregarase co fin de crear comunidade, promover a difusión e concienciación da diversidade sexual, empréguese o cancelo #seresentir nas redes sociais en calquera actividade que promovades no marco da campaña.
Na web SER E SENTIR iremos actualizando información para que esta campaña de sensibilización sobre a diversidade sexual teña o maior alcance posible!
www.seresentir.gal
Estas actividades encaixan na área estratéxica 3 da diagnose de igualdade da Deputación da Deputación ” promover na sociedade valores de respecto á igualdade e á diversidade e o rexeitamento ás violencias” e concretamente na OE 3.6 “fomentar un maior coñecemento das desigualdades e discriminacións por razón de xénero ou orientación sexual”