‘Cartografía dun naufraxio’: un relato emocional arredor do mar

Comparte esta nota de prensa

Un percorrido teatral pola historia de Galicia parándose nos seus naufraxios, na perda colectiva que supuxeron e no impacto que tiveron nas familias que ficaron en terra, coas súas viúvas, cos fillos orfos: con tanta ausencia. Esa é a síntese detrás do evento organizado pola Concellaría de Cultura o pasado venres, 11 de xullo, no Parque Rosalía de Castro, coa praia urbana de fondo, baixo o nome ‘Costa da Morte: cartografía dun naufraxio’.

Coa produción do Centro Dramático Galego (CDG) e a dirección e interpretación de Mariña Lestón, esta proposta teatral mesturou relatos reais con cantigas populares e música en directo e construiu un mapa íntimo da memoria mariñeira; desas lembranzas que nos trae o mar, do que dá e do que quita.

Ares formou parte así dunha xira maior para acoller este espectáculo de teatro tan vencellado coa identidade de Galicia, 17 municipios do territorio que se conectan co litoral e que teñen un forte vínculo coa sal e as ondas do Océano Atlántico.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.