Rúa Fomento, 2

Vivenda de orixe peculiar que se remonta a 1884, cando o italiano Francisco Rebatto compra o terreo e constrúe unha salgadeira. A principios do século XX, Antonio Vilar, emigrante en Cuba, refórmaa como vivenda de forte impronta modernista, na que aínda atopamos a pegada da vella fasquía fabril no patio interior e nos antigos muros.

Trátase este dun edificio con planta en “U”, que contaba no brazo suleste cunha inmensa galería de vidros policromados. A casa daba daquela directamente ao mar, pero viuse afectada pola remodelación do paseo marítimo, que soterrou o andar de baixo, mudou a entrada e privouna da escaleira que comunicaba a parte superior coa rúa. Terraza con balaustrada, cornixa de remate, linteis moldeados e adornos con azulexo, obra de mestres portugueses, daban lucimento, non hai tanto tempo, a unha das casas máis importantes de Ares, que ocupaba, xunto co seu patio, media mazá.

Pero para saber máis terás que escoitar a audioguía que podes atopar aquí:

Un de Santiago, unha de Mugardos, e un de Lugo, pasean por Ares. Que nos poderán contar eles que nós non saibamos?