Rúa Praia de Estacas, 2

Esta casa, patrimonio da familia Curbeira, de longa raizame na vila, apenas presenta trazos da arquitectura indiana, exemplificando antes a arquitectura tradicional vilega anterior ao período modernista.

Sendo casa xa existente antes da expansión urbana propiciada pola salazón, ao contrario das casas indianas, que medraron na nova área urbana, a Casa dos Curbeira sitúase nos lindes do núcleo primixenio da vila, como cabeza da extensa área agrícola que a circundaba.

Os irmáns José e Valentín adquiriron a vivienda e a inmensa finca tras voltar de Cuba, a onde emigraran anos antes, tras triunfar cos seus negocios hostaleiros. Según parece quen lla vendeu gañara a propiedade nunha partida de cartas….

Deron apoio desde os seus inicios á Alianza Aresana de Instrucción, da que José foi encargado durante moitos anos.

Pero para saber máis terás que escoitar a audioguía que podes atopar aquí:

 

Un de Santiago, unha de Mugardos, e un de Lugo, pasean por Ares. Que nos poderán contar eles que nós non saibamos?