R/Nova, 50

Esta casa, evidentemente, é unha excepción no noso roteiro pola arquitectura indiana, xa que estamos ante unha casa do século XVIII, e que non foi restaurada ao modo modernista, como outras que podedes atopar pola vila.

A importancia desta casa reside no feito de ser a casa dun dos precursores dos movementos migratorios que, xa a finais do século XVIII, comezaron a mover ás xentes mais pobres desta parte do mundo ata o continente americano.

Pepe Freire levou no seu barco a numerosas familias galegas e asturianas a repoboar a coñecida como Costa dos Mosquitos, na actual Nicaragua, por mandato do rei Carlos III.

Esta casa testemuña, por tanto, o nacemento do fío invisible que une dende hai xa séculos, América con Galicia.

Conta a tradición oral, que o barco de Pepe, ao voltar das súas expedicións, fondeaba na ría que tes á fronte, e engalanado, saudaba a toda a vila, que facía festa pola súa chegada.

Pero para coñecer toda esta incrible historia, terás que escoitar a audioguía que podes atopar aquí:

 

Un de Santiago, unha de Mugardos, e un de Lugo, pasean por Redes. Que nos poderán contar eles que nós non saibamos?