O núcleo urbano de Ares volveu encherse de cor e arte floral efémera ao longo desta fin de semana, facendo xustiza á tradición das Alfombras Florais polo Corpus Christi, unha Festa de Interese Turístico de Galicia cun enorme atractivo para todo o territorio.
Nesta edición de 2026, foron 875 metros de tapices ao longo dos cinco tramos que se espallaron pola rúa Real, rúa María e a Praza da Igrexa. Claveis, hortensias, verde, pampillo, sal tinguida, serrín, cunchas, arroz… materiais variados que compuxeron imaxes non só con motivos relixiosos, tamén de claro carácter mariñeiro, con guiños á identidade da vila, e mesmo houbo tapices para os máis pequenos, facendo realidade as figuras de Lilo e Stitch.
Así, Ares volcouse de novo coa celebración do Corpus dende un espíritu tan comunitario como altruísta, exemplificado na coordinación da Asociación Alfombras Florais de Ares e cun traballo que principia moi atrás, coa preparación das toneladas de materiais que se mobilizan.
Unha labor que concluíu onte para desfrute de todo o mundo.
Grazas á Asociación, a Protección Civil e Policía Local da localidade, veciñanza e visitantes por un ano máis de arte efémero en Ares!
FOTOGRAFÍAS: Concello, Asoc. Alfombras Florais de Ares, Valentín Muiños e Luis Mera.
















