A IV etapa da Liga Galega de Patinaxe Freestyle chega a Ares

O sábado, 22 de novembro, o pavillón polideportivo municipal acollerá a cuarta etapa da Liga Galega de Patinaxe Freestyle Xunta de Galicia, un evento competitivo federado que organiza a Asociación Deportiva e Cultural Alquimia Inline. Dende as 10:00 até as 18:00 h., realizaranse tres modalidades de patinaxe -team battle, street e derrapes-, con entrada libre. […]

Instalación dos puntos limpos móbiles no Porto e Lubre

O Concello vén de habilitar o novo punto limpo móbil adquirido recentemente, de tal maneira que a partir de agora operará en paralelo xunto co vehículo xa existente, reforzando a infraestrutura de reciclaxe e tratamento de residuos. Así, os operarios municipais ubicaron un destes puntos limpos móbiles na contorna do Porto -o novo vehículo-, namentres que […]

Un pavillón municipal cheo para desfrutar do baile

O I Trofeo de Baile Deportivo Concello de Ares e o Campionato Galego de Danza Coreográfica encheron as gradas do pavillón da vila cunha veciñanza ben disposta a gozar do espectáculo que propuxeron os e as bailaríns. O Club de Baile Deportivo Narón escolleu Ares como a súa sede para as dúas competicións, e a […]

A palabra para loitar contra o esquecemento: Antonio Blanco Carballo presentou en Ares o seu libro sobre as vítimas do franquismo

Este venres pasado, Antonio Blanco Carballo, autor do volume ‘Memorial e monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal’, achegouse até a Alianza Aresana para dignificar e recuperar a memoria de aquelas máis de 900 persoas que sufriron a represión franquista na comarca, sacrificándose pola defensa da democracia e da liberdade. Blanco Carballo […]

Principian os traballos para a rehabilitación parcial do Mosteiro de Santa Catalina cun investimento de case tres millóns de euros

Tras asinar hoxe a acta de replanteo, a empresa adxudicataria Obras Gallaecia comezará a vindeira semana coa andamiaxe e catas iniciais neste tesouro patrimonial de Ares. O proxecto de rehabilitación parcial contempla intervencións nas cubertas, os claustros, os retablos, as pinturas murais, os aseos ou as carpinterías, contribuíndo a salvagardar o inmoble declarado como Ben […]

A Concellaría de Medioambiente remata a súa última campaña de compostaxe doméstica

O Concello repartiu 50 novos composteiros individuais cunha capacidade de 400 litros entre a veciñanza, para que puidesen colocar no exterior da vivenda, en contacto directo coa terra para facilitar a entrada de microorganismos. A rede de compostaxe doméstica conta con preto de 150 composteiros individuais xa instalados, contribuíndo así a mellorar a autoxestión da […]

Ares consegue un novo punto limpo móbil para o seu termo municipal

O Concello vén de recibir o vehículo esta mesma mañá, incrementando así as posibilidades de reciclaxe na localidade e reforzando a infraestrutura verde municipal. Esta nova adquisición supón un investimento de 108.900 euros, sufragado pola Consellería de Medioambiente e Cambio Climático (81.000 €) e o restante (27.900 €) polas arcas municipais.   A concelleira de […]

Renovación do DNI o 11 de decembro na Biblioteca Municipal de Ares

O 11 de decembro poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares! Concerta a túa cita acudindo presencialmente ata alí ou a través do teléfono ☎ 981 448 057 no horario de apertura da biblioteca.   Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses antes da […]

Punto limpo móbil instalado en Redes (11.11.2025)

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible esta semana en Redes para a recollida de residuos especiais!   Lembra que alí podes depositar: ✅ Pilas e baterías, ✅ Lámpadas e tubos fluorescentes, ✅ Aceites vexetais e minerais, ✅ Pequenos electrodomésticos, ✅ Roupa e calzado.