AVISO IMPORTANTE: CHAMADAS TELEFÓNICAS PARA ANÁLISES DE AUGA A PARTICULARES CON DATA 19.05.2025

Dende o Servizo Municipal de Augas veñen de ter coñecemento nestes últimos días dunha serie de chamadas e contactos coa veciñanza efectuadas por terceiros solicitando a realización dunha análise de augas nas súas vivendas particulares. Con todo, o propio Concello de Ares comunica que o seu Servizo Municipal de Auga NON ESTÁ EXECUTANDO ningún tipo […]
O thriller histórico de “Caaveiro” protagoniza a próxima presentación literaria de Ares

O autor desta obra que se mergulla na Galicia do século XV, Julio Emilio Marco Franco, chega á vila o vindeiro venres, 23 de maio, ás 20:00 horas. A historia detrás das súas páxinas afonda nas intrigas políticas e familiares da Casa dos Andrade nunha época marcada pola tensión entre os reinos de Castela e […]
Ares celebrará as súas tradicionais Alfombras Florais o vindeiro 22 de xuño

Hoxe mesmo desvélase o cartel oficial desta Festa de Interese Turístico de Galicia, unha tradición que enche o núcleo urbano da vila de arte efémero e supón toda unha mostra de compromiso colectivo por parte da veciñanza. Os traballos de picado principiarán o 20 de maio nos centros organizativos habilitados para a ocasión e precisaranse […]
Ares adecúa o acceso á praia de Seselle pola contorna de Os Castros

Costas de Galicia vén de notificar o inicio dos traballos esta semana despois dun período de diálogo e negociacións co Concello, de tal xeito que se estableceu a adecuación desta entrada a un areal moi concurrido como prioridade. As obras, cun orzamento de 61.000 euros, conlevarán a demolición do formigón en mal estado e a […]
Obradoiro de Superlectores na Biblioteca de Ares

Dezanove nenos e nenas dende os 6 anos acudiron onte á Biblioteca Municipal de Ares para poñerse mans á obra e deseñar as súas propias bolsas para libros totalmente personalizadas. Con moita cor, retazos de teas e creatividade celebraron eles as Letras Galegas e a literatura no marco da programación da Concellaría de Cultura proposta […]
O Campus de Fútbol de Verán da Fundación Celta regresa a Ares este período estival

Concello, representantes do club olívico e da Federación Galega de Fútbol en Ferrol presentaron esta mañá o evento deportivo. O campus promoverase do 14 ao 18 de xullo en horario de mañás e xa conta dende hoxe coas inscricións operativas para as persoas interesadas. O consistorio de Ares acolleu na xornada de hoxe a […]
Publicación das bases para a contratación de 2 técnicos/as de Turismo en Ares e 7 peóns para o Servizo Municipal de Limpeza de Praias

O Concello de Ares publica as bases que rexerán o proceso de contratación dos seguintes perfís profesionais: 7 peóns para o Servizo Municipal de Limpeza de Praias cunha duración de 2 meses (a determinar pola entidade contratante), prestando unha xornada de 37,5 horas semanas na medida e xeito requiridas polo interese do servizo. 2 técnicos/as […]
O Concello e a Fundación Esplai organizan un campamento gratuíto no verán para aprender sobre tecnoloxía de forma creativa e segura

Baixo o nome de CRI TIC: Infancia e xuventude con criterio dixital, as dúas entidades promoverán na Casa da Xuventude varias sesións ao longo de xuño e xullo co foco posto na mocidade da vila. Haberá a posibilidade de aprender sobre robótica, realidade virtual, programación, intelixencia artificial… e outros tantos módulos orientados ao uso responsable […]
Bases específicas para a Contratación Laboral Temporal de dous Técnicos para a Caseta de Turismo 2025
Convocatoria das bases para a selección de dous técnicos/as para a caseta de turismo ANUNCIO Convocatoria-Bases para a Selección de dos Técnicos/as para a caseta de turismo do Concello de Ares A vista da publicación no BOP nº 50 do 14 de marzo de 2025 da Resolución pola que se aproba a concesión definitiva de […]
Bases para a provisión en réxime laboral temporal de 7 peóns para os Servizos Municipais De Limpeza de Praias Verán 2025
Convocatoria das bases para a selección de 7 peóns para os servizos municipais de limpeza de praias verán 2025 ANUNCIO Convocatoria-Bases para a selección de 7 peóns para os rervizos municipais de limpeza de praias verán 2025 do Con- cello de Ares. Vista da Resolución pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes […]
Lara Pita acada o podio en terras lusas no eido do ciclismo

Trasladamos a nosa felicitación á veciña aresá Lara Pita Pena polo seu bo facer no circuíto portugués de Marmeleira – Mortágua, onde logrou o primeiro posto na proba de BTT Women Junior cun tempo de 1:07:25. O evento, inscrito na XCO Super Cup de ciclismo, realizouse a comezos deste mes de maio e permitiu a […]
O Concello programa unha saída ata Portugal para os veciños e veciñas de Ares

O sábado, 14 de xuño, a veciñanza poderá visitar Valença do Miño, Vila Nova de Cerveira e Fortaleza por un prezo de 30 euros, incluíndo xantar e servizo de autobús. As inscricións para empadroados/as abren hoxe, 13 de maio, até o 23 deste mesmo mes, a partir do cal se habilitará o proceso para que […]