O Concello principia coa entrega de composteiros individuais para a veciñanza

A edila de Medioambiente, Lucía Blanco, comezou ao longo da xornada de onte coas entregas  iniciais dos 50 composteiros destinados ás vivendas unifamiliares dos veciños e veciñas de Ares. As primeiras persoas que formalizaron a inscrición no programa de Compostaxe Doméstica recibiron nos seus domicilios os composteiros cunha capacidade de 400 litros das mans da […]

Apertura do prazo para solicitar o emprego do pavillón polideportivo de Ares

O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, informa de que o vindeiro día 11 de setembro abrirase o prazo para solicitar o emprego da instalación municipal do pavillón polideportivo dende o mes de outubro de 2025 ata xuño de 2026. Para formalizar o trámite, é preciso pasar polas dependencias do pavillón […]

A rúa Irmáns Bugallo verá renovados os seus servizos e pavimentos

Onte mesmo aprobouse en sesión plenaria extraordinaria a inclusión desta intervención no POS+2025 Adicional, de tal xeito que a Deputación investirá 100.765,36 euros e o Concello, 43.193,59 euros, para facela realidade.   A corporación municipal vén de aprobar por unanimidade no pleno extraordinario de onte, 9 de setembro, unha nova proposta de investimento dentro do […]

Renovación do DNI en Ares o 3 de outubro

O 3 de outubro poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares! Concerta a túa cita acudindo presencialmente ata alí ou a través do teléfono 981 448 057 no horario de apertura da biblioteca. Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses antes da data de […]

Sfhir desembarca na vila para deixar a súa pegada artística en forma de mural

O artista urbano, considerado un dos mellores muralistas do mundo, vén de chegar hoxe co seu equipo ás inmediacións do pavillón polideportivo de Ares e estará toda a semana traballando na creación dun deseño na fachada da infraestrutura. Sfhir, cunha ampla traxectoria no eido internacional e nos grandes formatos, desenvolverá unha composición relacionada coa paisaxe […]

Punto limpo móbil instalado en Cervás (09.09.2025)

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible en Cervás para a recollida de residuos especiais durante toda esta semana.   Lembra que alí podes depositar: ✅ Pilas e baterías, ✅ Lámpadas e tubos fluorescentes, ✅ Aceites vexetais e minerais, ✅ Pequenos electrodomésticos, ✅ Roupa e calzado.

Ares celebrará a súa oitava homenaxe musical ao veciño Gildo Illobre

O Concello, a Rondalla Trovadores de Ares e Bodegas y Vinos Ares, como axente colaborador xunto coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, impulsarán a VIII Homenaxe Musical a Gildo Illobre, un evento musical que rende homenaxe ao veciño falecido en 2015. Así, o domingo, 14 de setembro, a Igrexa de San Xosé acollerá este […]

Xoán Rubia presenta en Ares o seu último libro, ‘O practicante rural’

O mugardés estará na vila o 11 de setembro para abordar as circunstancias de creación desta obra que bebe da súa experiencia exercendo coma profesional da saúde na Galicia rural do século pasado. O acto, programado pola Concellaría de Cultura, será a partir das 20:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana con sinatura […]

Novo contacontos na Biblioteca Municipal de Ares

O vindeiro mércores, 10 de setembro, ás 19:00 horas, Fran Ameixeiras estará na Alianza Aresana para narrar ós pequenos e pequenas as historias que coñeceu a cadela Becki nas súas viaxes polo mundo adiante ; historias de colaboración e de solidaridade entre persoas para cantar e bailar cun obxectivo en mente: celebrar o respecto e […]

Corte de auga o vindeiro luns, 8 de setembro

O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, para reparar unha fuga na rede xeral de abastecemento de auga potable, quedará cortada a subministración en: 📍 Estrada Ares – Redes dende o alto da Pena ata o cruce da praia de Seselle pola marxe dereita; Seselle e praia de Seselle; […]