O VeraneAres Deportivo 2025 conclúe con toda a súa actividade estival

O VeraneAres Deportivo puxo o seu punto e final neste agosto deixándonos imaxes que falan por si soas dos trazos característicos desta programación municipal: rapaces e rapazas gozando do período estival a través do deporte, das amizades e do contacto directo coa natureza aresá. 🔷 Ao longo do mes, a programación municipal levou á mocidade […]
Finalizan as obras de acondicionamento do muro anexo ao CPI As Mirandas

O Concello concluíu os traballos de embelecemento e acondicionamento do muro exterior do CPI As Mirandas, un espazo lindante co aparcamento e de paso obrigado cara ao acceso ao colexio. A intervención contou cun investimento próximo aos 30.500 euros, IVE incluído, asumido entre o Concello e o Instituto de Estudos do Territorio (IET) da Xunta […]
O Concello convida á veciñanza a participar no seu programa municipal de compostaxe comunitaria

Para incrementar o emprego das dúas illas de compostaxe comunitaria que ten habilitadas a área de Medioambiente, programaranse dous actos informativos para que veciños e veciñas poidan entender como empregalas, nocións básicas de residuos e como separalos correctamente. Os actos informativos terán lugar o xoves, 28 de agosto, en horario de 16:30 a 18:30 h. […]
A vila despídese da oitava edición do Ares Indiano

Durante estes últimos tres días tan intensos, Ares converteuse nun espazo vivo, cheo de cultura, música, gastronomía, artesanía, creatividade e divulgación histórica para lembrar e recoñecer a memoria da migración local e galega. Chegamos ao remate do VIII Ares Indiano… e toca despedirse! Nesta fin de semana, veciñanza e visitantes pasearon en barco, en autobús […]
Ares viaxa ao pasado para coidar da súa memoria colectiva arredor da migración

Representantes das principais institucións involucradas na oitava edición do Ares Indiano, mais tamén dos axentes colaboradores e patrocinadores, inauguraron esta mañá o evento na Alianza Aresana, símbolo dos esforzos feitos polos indianos a prol da democratización educativa. Durante esta fin de semana, o municipio contará con multitude de actividades lúdico-culturais para recoñecer e homenaxear a […]
Conta atrás para o Ares Indiano!

As follas de palmeira espállanse pola vila, chegan os ritmos e as melodías alén mar, prepáranse os postos e tamén ondea a bandeira de Cuba diante do consistorio. Quedan apenas horas para que principie a oitava edición do noso Ares Indiano: unha viaxe ao pasado, mais tamén un xeito de coidar da nosa memoria colectiva. […]
A divulgación sobre o proceso migratorio chegará a Ares co Seminario de Cultura Ultramarina e as exposicións tematizadas

A Alianza Aresana actuará de novo como epicentro de actos divulgativos para a oitava edición do Ares Indiano, no marco do Seminario de Cultura Ultramarina que propón o Concello. O seu salón de actos acollerá tres iniciativas que porán o foco no proceso migratorio dende diferentes perspectivas. A primeira delas chegará ás 12:30 h. do […]
Sistema de estacionamento polo VIII Ares Indiano

A continuación podes informarte das opcións dispoñibles para aparcar durante a última edición da celebración indiana. P 🔷 Aparcadoiros públicos e gratuítos distribuídos polo núcleo urbano nos que se pode aparcar calquera vehículo a calquera hora. ➖ ⬜ Prazas de aparcamento en rúas nas que pode estacionar calquera vehículo de xeito gratuíto a calquera […]
A creatividade tamén se leva posta cos obradoiros de customización de complementos indianos

No Ares Indiano non só existe a posibilidade de alugar os traxes na tenda efémera da Avda. Saavedra Meneses, senón que alí mesmo tamén se dá a oportunidade de crear coas propias mans os accesorios personalizados para levar nas caracterizacións da veciñanza. E así o fixeron na tarde de onte e esta mesma mañá as […]
A tenda efémera de aluguer de vestimenta indiana xa está dispoñible para a veciñanza e visitantes

Dende o pasado luns e até o vindeiro 23 de agosto, a veciñanza poderá acudir á tenda que vén de ser instalada na Avenida Saavedra Meneses número 16 por parte da empresa compostelá Chimpos, especializada en vestiario histórico, e comprobar a súa oferta de indumentarias indianas. Como en anteriores edicións, alí se poderán alugar diferentes […]
Emiliano e Isolina preséntanse en sociedade

Tras recibir todas as propostas das crianzas da vila, o indiano e a indiana feitos pola veciña Conchi Escudero xa teñen nomes para presentarse con moita máis singularidade: Emiliano e Isolina. De feito, esta mesma mañá acudiron até a biblioteca municipal aresán Pablo Varela Freire e Martín Sardiña Rodríguez, os gañadores do concurso de nomes […]
A Cova do Trasno: teatro local para transportarnos a Cuba

O teatro será outro dos eixos da celebración do Ares Indiano, sabendo da súa capacidade expresiva para viaxar, durante unhas horas, a outra época. E así o fará o elenco de actores e actrices da Cova do Trasno, o grupo de teatro local aresán, que volverá a ter un oco na programación lúdico-cultural para abordar […]