Ares acollerá a XXVIII Travesía a Nado o vindeiro 19 de xullo

O Concello vén de facer hoxe a presentación oficial desta proba deportiva de fonda tradición no municipio. No acto desveláronse os seus principais detalles organizativos. As persoas interesadas deberán reservar praza dende hoxe, 26 de xuño, até o 15 de xullo vía telemática na web institucional. O prezo de participación é de 3 euros, agás […]

Prazas dispoñibles nos ciclos medios de FP Dual Intensiva do IES Mugardos

O Concello vén de difundir a información que fan chegar dende a comunidade educativa do IES Mugardos arredor dos dous ciclos da familia profesional agraria que se imparten no seu centro: o FP de Aproveitamento e conservación do Medio Natural e o FP en Xardinaría e Floraría, que contan con prazas dispoñibles para toda persoa […]

Primeiras sesións do campamento tecnolóxico do Concello e a Fundación Esplai

As instalacións da Aula CeMIT, na Casa da Xuventude de Ares, acolleron a inauguración dos cursos de CRI TIC: Infancia e xuventude con criterio dixital, unha iniciativa destinada á rapazada de 9 a 17 anos. Durante o que queda de xuño e todo xullo, a mocidade aprenderá sobre intelixencia artificial, ciberseguridade, robótica, programación ou ciberseguridade, […]

Ares encheuse de cor e tradición cos tapices das Alfombras Florais

O centro da vila converteuse neste domingo pasado en todo un espectáculo de cores: Ares celebrou as tradicionais Alfombras Florais polo Corpus Christi, Festa de Interese Turístico de Galicia, grazas á involucración activa duns 200 voluntarios e voluntarias, que empregaron máis de 30 toneladas de materiais para cubrir os cinco tramos polas rúas do núcleo […]

Cambio de horario na Casa da Xuventude de Ares

O Concello vén de informar do cambio de horario da Casa da Xuventude situada na Praza da Constitución de Ares que se producirá dende hoxe, 23 de xuño, até o 15 de setembro. Así, a instalación municipal abrirá: De luns a venres, de 10:30 a 14:00 h. E a maiores, durante as tardes dos martes, […]

Puntuacións e proposta de contratación no proceso para a provisión en réxime laboral temporal, de 7 prazas de peóns para os servizos municipais de limpeza de praias, verán de 2025

ACTA 3; COMISIÓN SELECCIONADORA Sendo as 09:00 horas do dia 17 de xuño de 2025 reúnese o Tribunal calificador do proceso selectivo para a contratación en réxime laboral temporal de sete peons (Limpeza de Praias) composto por: Presidente: Carlos Manuel Rivera López, Persoal Laboral do Concello de Ares. Secretario: Manuel Novoa Conde, Persoal Laboral do […]

A Alianza Aresana acollerá un seminario para reflexionar sobre a interseccionalidade e a violencia de xénero

Inscrición vía telemática na seguinte ligazón: https://gplus.typeform.com/seminarioAres. O Concello impulsa unha xornada de mañá durante o mércores, 25 de xuño, para abordar a problemática da violencia de xénero dende diferentes perspectivas, abranguendo toda a súa complexidade. A iniciativa require de inscrición previa vía telemática, xa operativa, e contará coas ponencias de Iria Vázquez Silva, doutora en Socioloxía […]

Dispositivo especial de tráfico na vila por mor das Alfombras Florais de Ares

O Concello porá en marcha nesta fin de semana un dispositivo especial para xestionar o tránsito de vehículos durante as Alfombras Florais de Ares que se celebrarán durante as xornadas do sábado, 21 e o domingo, 22 de xuño. Para facilitar o correcto desenvolvemento de todos os actos programados, dende a confección das alfombras á […]

Ares mellora os seus datos de recollida selectiva de residuos domésticos

O último informe emitido por Ecoembes sinala un claro aumento da reciclaxe no municipio aresán, mantido ademais ao longo dos últimos 4 anos. A recollida de envases lixeiros en Ares no ano 2024 alcanzou un valor de 143.680 kgs., o que supón uns 23,4 quilos por habitante, por riba dos casi 16 quilos/habitante da media […]

A Casiña dos Contos, un convite para gozar da lectura ao aire libre

Dende febreiro deste 2025, no Parque Rosalía de Castro pódese atopar un refuxio de boas historias nunha contorna natural: a Casiña dos Contos instalada polo Concello convida a pequenos e adultos a coller un libro, sentarse a ler e crear unha cadea de préstamos de xeito orgánico. Trátase, en esencia, dun novo espazo de fomento […]