Listados definitivos por quincena do Programa ConciliAres 2025
Axuntamos os listados definitivos por quincena do programa conciliares 2025 (tanto dos admitidos como da lista de agarda), identificándose coas iniciais dos menores e a couta a aboar; recordamos que o prazo máximo para aboar as coutas será o seguinte: Quincenas mes de xullo; ata o 25 de xuño. Quincenas mes de agosto: ata o […]
O Concello remata co proxecto de renovación do Centro Cultural Outeiro de Chanteiro

Os traballos redundaron nunha mellora da eficiencia enerxética do edificio ao intervir na envolvente térmica, no aillamento das fachadas, o sistema de calefacción e a iluminación con luminarias de tipo LED. A intervención supuxo un investimento de 105.000 euros, impostos incluídos, cofinanciado entre a Unión Europea (80 %) e a administración aresá (20 %). […]
Ares estrea unha renovada área infantil no parque Rosalía de Castro

O Concello vén de concluír a última actuación de mellora, na que se instalaron tres novos xogos, cada un co seu pavimento de seguridade arredor, e tamén elementos de mobiliario urbano destinado ó confort dos adultos. Os traballos supuxeron un investimento de preto de 75.000 euros asumidos pola Deputación da Coruña a través do seu […]
O Concello presenta as súas rutas turísticas en barco pola ría

Dende o 21 de xuño até o 12 de outubro, regresa un ano máis o servizo de ‘Ares desde o Mar’, unha iniciativa de carácter turístico para explorar a riqueza mariñeira da vila. Os percorridos a bordo do M. Presas estarán dispoñibles durante as fins de semana cun prezo de 15 euros para adultos e […]
Ares cruza a raia e viaxa a Portugal

Este pasado sábado, 14 de xuño, a veciñanza de Ares gozou dunha xornada marcada polo descubrimento, a paisaxe e a compañía grazas á excursión organizada pola Concellaría de Benestar e Igualdade a varias vilas da raia portuguesa. Ao longo de todo o día, máis de 100 veciños e veciñas exploraron Valença do Miño, Vila Nova […]
Novo horario na Biblioteca Municipal de Ares dende a próxima semana

Infórmase de que a partir do luns, 16 de xuño, as instalacións da biblioteca cambiarán de horario ata o 15 de setembro, de tal xeito que a apertura se realizará da seguinte maneira: De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h.
O Concello renovará a carpintería exterior do Mercado Municipal de Ares e repintará o edificio baixo a Guía de Cores e Materiais de Galicia

A intervención armonizará o Mercado coa súa contorna e contribuirá á eficiencia enerxética ao cambiar as ventás, os acristalamentos e outros elementos de carpintería. Os traballos principiaron esta semana e contan cun orzamento próximo aos 40.000 euros, impostos incluídos. A Concellaría de Urbanismo vén de informar hoxe mesmo do inicio dunha obra que intervirá […]
Finaliza a adecuación do acceso á praia de Seselle pola contorna de Os Castros

As obras demoleron o formigón en mal estado, materializaron unha senda peonil e unha escaleira novas para mellorar a accesibilidade ao areal e instalouse unha varanda de madeira que garante a seguridade dos peóns. A intervención contou cun investimento de 61.000 euros asumidos polo Goberno central a través da Demarcación de Costas de Galicia dependente […]
Proposta para a contratación, en Réxime Laboral Temporal de catro (4) Auxiliares da Policía Local 2025
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Comisión seleccionadora 4 AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL Tendo en conta a Acta da Comisión Evaluadora de data 12 de xuño de 2024 para a provisión de catro prazas en réxime laboral temporal de auxiliares da Policía Local, segundo as bases da convocatoria publicadas no B.O.P nº 95 do21 de maio de 2025. […]
Resultados probas para a contratación, en Réxime Laboral Temporal de catro (4) Auxiliares da Policía Local 2025
ACTA Nº 3 COMISIÓN SELECCIONADORA Reunidos no Concello de Ares, sendo as 12,00 horas do día 12 de xuño de 2025, as Sras/Sres. ó marxe indicados, coa finalidade de proceder á contratación de catro auxiliares da Policía Local (4). Presidente: Jaime Alberto Domínguez Fernández Secretaria: Isabel Margharetto Rodriguez Vogais: Angel Rodriguez Calviño Oscar García […]
Lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso para a provisión en réxime laboral temporal, de 7 prazas de peóns para os servizos municipais de limpeza de praias, verán de 2025
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 89 do día 13/05/2025 anuncio da convocatoria para a provisión en réxime laboral temporal, de 7 prazas de peóns para os servizos municipais de limpeza de praias, verán de 2025, segundo as Bases aprobadas pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o día 8 […]
A segunda tempada da serie ‘Clanes’, de Netflix, conta de novo con Ares como escenario de rodaxe

O seu equipo de gravación instalouse dende este mesmo luns no núcleo urbano da vila para rodar algunhas das escenas que integran a nova tempada deste thriller protagonizado por Clara Lago e Tamar Novas. Dende o pasado 9 de xuño até hoxe, xoves, o municipio aresán acolle a gravación da exitosa ficción ‘Clanes’, unha […]