O Concello desvela a programación completa do VII Ares Indiano

Actuacións musicais, obradoiros tematizados, roteiros pola vila e o mar, sesiós teatralizadas ou exhibicións artísticas son algúns dos formatos que se propoñen nesta edición para honrar o legado alén do mar. A localidade reiterará o seu compromiso coa memoria da migración, sen esquecerse tampouco da parte de divulgación histórica dentro desta celebración referencial na comarca. […]

Finalizan os traballos de mellora de servizos e pavimentos nun tramo da rúa Os Anxos

A obra, cun investimento próximo aos 100.000 euros por parte do Concello e a Deputación da Coruña, renovou a rede de saneamento, pluviais e abastecemento e interviú no alumeado, electricidade e telecomunicacións. A Concellaría de Urbanismo vén de informar esta semana do remate das obras que se estaban a executar nun tramo da rúa Os […]

NOTA INFORMATIVA: Reubicación da programación deportiva por obras no pavillón municipal

As Concellarías de Deportes e Urbanismo veñen de informar do inminente comezo das obras de renovación do pavillón polideportivo de Ares, que inclúen a substitución e mellora da cuberta, iluminación, envolventes ou mesmo o sistema de auga quente sanitaria. En consecuencia, suspéndense as actividades que se desenvolven nel dende o 16 de agosto, incluído o […]

A vila tinguirase de azul pola XVII Bandeira Concello de Ares

O domingo, 11 de agosto, veciñanza e afeccionados poderán ver o desempeño da tripulación local do Club de Remo, un evento deportivo para que todo o municipio goce e se ilusione coa tempada da Santa Olalla de Lubre. A concelleira de Deportes, Alma Barrón, o presidente da Liga Galega de Traiñeiras, Javier Rodríguez, e representantes […]

Ares conmemora o 85 Aniversario da fuxida do Bou Ramón

O 10 de agosto despregarase no Mosteiro de Santa Catalina unha ampla programación que homenaxea ao grupo de republicanos, activistas e sindicalistas que emprenderon unha dura travesía marítima para chegar até Francia, no seu exilio por mor da represión falanxista. Organizarase unha exposición fotográfica e unha proxección de vídeo, amais de incorporar un coloquio divulgativo […]

A cultura mariñeira técese nas redes da Festa da Cabria

A XVIII Festa da Cabria que promove a Agrupación Instrutiva de Caamouco en colaboración co Concello volveu a dignificar a memoria e tradición mariñeiras da contorna de Redes. A celebración despregou unha ampla programación este sábado pasado, sempre co mar en primeiro plano, incluíndo obradoiros para pequenos e maiores, visitas guiadas ao Alboio de Areamorta, […]

O Concello conclúe a promoción do patrimonio aresán en Equiocio 2024

Durante estes últimos tres días, dende o venres até onte, a Concellaría de Turismo mantivo activo o stand turístico municipal instalado no certame de hípica Equiocio, xa referencia a nivel galego, establecendo así un espazo informativo para dignificar o patrimonio cultural, a riqueza paisaxística e a ampla grella de actividades que temos en Ares. Alí […]

A XXXII Milla Urbana Concello de Ares remata con éxito de participación

Esta fin de semana, a vila encheuse de corredores e corredoras no marco da XXXII Milla Urbana Concello de Ares. Volveu agromar o carácter interxeracional desta proba fortemente arraigada na programación deportiva de verán, con categorías dende os prebiberóns até os séniors, e mesmo con entrega de trofeos non só aos gañadores, senón tamén ao […]

Ares clausura a última edición do Campus Chiquibásquet

O pavillón polideportivo municipal acolleu o venres pasado a clausura do XVI Campus Chiquibásquet, poñendo así o peche á programación lúdico-formativa que se desenvolveu durante toda a semana e que se materializou coa intervención da Concellaría de Deportes. Uns 40 rapaces e rapazas recibiron o seu diploma acreditativo e concluíron a súa experiencia neste evento […]

Inaugúrase a mostra pictórica de Gloria López, ‘Bailarinas envueltas en poesía’

A Casa da Xuventude Municipal acolleu na tarde de onte a inauguración oficial da última exposición que instalou a Concellaría de Cultura  no seu andar superior: ‘Bailarinas envueltas en poesía’, unha colección de cadros pintados pola aresá Gloria López que se hibridan con composicións poéticas relacionadas con cada obra. Até o 16 de agosto, veciñanza […]

Ares mostra os seus atractivos turísticos en Equiocio 2024

Un ano máis, a nosa localidade atópase representada en Equiocio, unha das principais citas deportivas arredor da hípica organizado en Ferrol, anais dun dos eventos chave á hora de divulgar a riqueza patrimonial e paisaxística da comarca pola gran afluencia de persoas que recibe. Por iso mesmo, a Concellaría de Turismo dirixida por Lucía Blanco […]