Programa SendAres 2025 -2026

FORMULARIO DE INSCRICIÓN: Ruta 8: Garita de Herbeira cara A Miranda (Cedeira – Cariño) https://forms.gle/VvFFG898Bzg2Ern69 TEMPADA I: de outono a primavera Un programa para redescubrir o patrimonio natural dende o sendeirismo Concellaría de Deportes Ruta 1: Travesía Puerto Las Señales – Maraña(27 de setembro) – Prezo 2 rutas: 150 eurosRUTA DOBLE – con desprazamento e […]

Todo listo na cancha: arranca o Campus Chiquibásquet en Ares

O pavillón polideportivo municipal acollerá durante toda esta semana as sesións dirixidas por Chiqui Barros para a rapazada de entre 5 a 22 anos, divididos en grupos en función as súas habilidades e contacto co baloncesto. A iniciativa, na que intervén o Concello, acada así a súa decimosétima edición mantendo o espírito de aprendizaxe e […]

Ampliación do prazo de inscrición para a XXXIII Milla Urbana Concello de Ares

O Concello de Ares informa que se amplía o prazo de inscrición para participar na XXXIII Milla Urbana Concello de Ares ata as 23:59 horas deste luns, 4 de agosto. A proba, que se celebrará nas rúas da vila, está incluída no XI Circuíto Provincial de Carreiras da Deputación da Coruña e conta coa condición […]

O SendAres 2025-2026 contará con 9 rutas para gozar do deporte e explorar novas paisaxes

LIGAZÓN PARA INSCRIBIRSE: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdiWCqKzbSMDX3zkwwUBoFX-HOnTCxI_6EAxaj5ADhz_5eKzw/viewform A Concellaría de Deportes vén de presentar esta mesma mañá a oferta de itinerarios que se organizarán durante o outono e primaveira, cubrindo dende setembro até abril, inclusive. A primeira saída do programa é dobre, con desprazamento e pernocta en León, e dúas rutas nas xornadas do 27 e 28 de […]

XXXII Concurso de Pesca Deportiva en Chanteiro

O Centro Cultural Outeiro de Chanteiro promoveu nesta fin de semana a trixésimo segunda edición do seu certame de pesca deportiva, que actúa ao mesmo tempo a modo de lembranza, ao ser tamén o XXII Memorial Lolo do Outeiro e V Memorial Andrés Pedre. Para pechar o concurso acudiu, ao acto de entrega de premios, […]

A XIX Festa da Cabria: unha homenaxe á cultura mariñeira

Este domingo, o Porto de Redes acolleu unha nova edición dunha das súas celebracións máis características: a Festa da Cabria. Organizada pola Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa colaboración do Concello de Ares, a xornada puxo en valor a memoria mariñeira impulsando unha programación para mesturar o lúdico coa lembranza da vida pesqueira e contou con […]

Ares volve a estar presente na última edición de Equiocio

Dende  o 31 de xullo e até o domingo, 3 de agosto, o municipio aresán contará co seu propio stand en Equiocio 2025, unha cita deportiva ineludible para a comarca arredor da hípica, ademais de ser un evento fundamental para divulgar o patrimonio paisaxístico e os atractivos das localidades de Ferrolterra. De feito, na tarde […]

Abre a convocatoria do Bono Cultural Xove 2025

A convocatoria do Bono Cultural Xove 2025 do Goberno de España vén de abrirse nestes días para todo aquel mozo/a que nacera no 2007, beneficiándose desta axuda pensada para gozar da cultura ao acadar os 18 anos. O Bono Cultural Xove permite contar, durante 12 meses, con 400 euros para usar en produtos ou actividades […]