Últimos días para inscribirse no DegustAres 2025

Este vindeiro 21 de abril rematará o prazo para que os locais de hostalería de Ares interesados en participar na última edición da ruta do pincho, DegustAres 2025, poidan sumarse á iniciativa do Concello. A Concellaría de Comercio puxo a disposición dos hostaleiros e hostaleiras o correo electrónico lucia.blanco@concellodeares.com e o teléfono 677 12 41 […]

Punto limpo móbil instalado na contorna de Besoxo

O punto limpo móbil do Concello xa está á disposición da veciñanza na contorna de Besoxo durante toda esta semana para que se depositen os residuos de tratamento especial: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos.

Ares saboreou o mellor da gastronomía galega coa campaña ‘Galicia sabe amar’

A foodtruck da campaña ‘Galicia sabe amar’ promovida pola Xunta de Galicia chegou onte ó municipio aresán para ofrecer as súas degustacións gratuítas ao longo de toda a xornada, un xeito de destacar a calidade e variedade da gastronomía galega e do produto de proximidade. Xunto con veciñanza e visitantes, á foodtruck instalada no paseo […]

O legado de Quinín conmemórase na Agrupación Instrutiva de Caamouco

Nesta fin de semana, a veciñanza puido achegarse á particular mirada  e obra artística de Joaquín Rojo Seijas, ‘Quinín’, grazas á exposición instalada na Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa colaboración do Concello, e inaugurada o sábado entre os representantes da asociación e a edila de Cultura, Alma Barrón. Houbo a posibilidade de contemplar cadros e […]

Semana Santa Ares 2025

Domingo de Ramos, 13 de abril 17:00 horas: Procesión da “Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén e a Virxe da Saúde” coa bendición dos Ramos e das Palmas, 17:45 horas: Santa Misa Luns Santo, 14 de abril 19:00 horas: Santa Misa Martes Santo, 15 de abril 19:00 horas: Santa Misa 21:00 horas: Procesión do “Via […]

A foodtruck de ‘Galicia sabe amar’, este domingo no paseo marítimo de Ares

Este 13 de abril, xusto diante da casa consistorial de Ares e ao longo de todo o día, os veciños e veciñas poderán degustar totalmente de balde diferentes produtos galegos do mar e da terra, dentro da campaña ‘Galicia sabe amar’ que propón a Xunta de Galicia por múltiples municipios da comunidade autónoma. Chegará ó […]

22 de abril, Servizo de Renovación de DNI na Biblioteca de Ares

O 22 de abril poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares! Se estás interesado en facelo, concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono ☎️981 448 057, de luns a venres, no horario de apertura da biblioteca. Lembra que podes […]

Obradoiros de Pascua na Biblioteca 2025

Obradoiros de Pascua LUNS, 14 DE ABRIL  OBRADOIRO DE PASCUA LUGAR: BIBLIOTECA MUNICIPAL HORA: 17:OO H. IDADE: DE 6 A 10 ANOS CUSTO: 3 € INSCRICIÓN: desde o xoves, 10 de abril MARTES, 15 DE ABRIL PROCURA DE OVIÑOS DE PASCUA LUGAR: BIBLIOTECA MUNICIPAL HORA: 18:OO H. IDADE:  DE 3 A 5 ANOS CUSTO: 3 € INSCRICIÓN: desde o xoves, 10 de abril MÉRCORES, 16 DE ABRIL PROCURA DE OVIÑOS DE PASCUA LUGAR: BIBLIOTECA MUNICIPAL HORA: 18:OO H. IDADE:  DE 6 A 10 ANOS CUSTO: 3 € INSCRICIÓN: desde o xoves, 10 de abril Enlace inscrición: https://forms.gle/XTaJgBp6efNDTPqS8