Aviso: Corte de auga

O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, para reparar unha fuga na rede de abastacemento, quedará cortada a subministración de auga nas seguintes rúas: Crta. Ares – Redes desde o alto da Pena o cruce de Seselle. Seselle Praia de Seselle O Raso, desde o cruce de Carballás ata […]

Pasou o Entroido en Ares!

Maiores e pequenos gozaron do Entroido este mércores dentro da programación que deseñou a Concellaría de Cultura durante a tarde. Chocolate quente, orellas, música ambiente, un photocall, inchables, minikarts… a pista exterior do CPI As Mirandas transformouse nun espazo lúdico para celebrar a festa galega. Tamén houbo tempo neste Entroido para sumarse ós obradoiros de […]

Continúa no CPI As Mirandas a campaña ‘Senta con nós!’

A comunidade educativa do CPI As Mirandas segue durante estas semanas a recompilar botellas de auga e tapóns no punto instalado en febreiro polo Concello, dentro da campaña ‘Senta con Nós’ da área municipal de Medioambiente. E xa se vai enchendo de plástico grazas ao estudantado do colexio público, un xesto diario que terá tamén […]

Inaugúrase a exposición ‘Destino Igualdade’ na Casa da Xuventude de Ares

Inaugúrase a exposición ‘Destino Igualdade’ na Casa da Xuventude de Ares

O Concello vén de inaugurar no andar superior da Casa da Xuventude a última exposición instalada nesta infraestrutura municipal, un conxunto de paneis que narran a historia de Nagalaskhmi, unha condutora dos típicos mototaxis da India, os autorickshaw, rompendo desta forma os roles, estereotipos e prexuízos de xénero. Baixo o título ‘Destino Igualdade’, a exposición […]

O Concello anuncia a apertura das inscricións para a sexta ruta do SendAres 2024-2025

O Concello anuncia a apertura das inscricións para a sexta ruta do SendAres 2024-2025

LIGAZÓN DE INSCRICIÓN: https://forms.gle/6uXPZ1m1yXAczyXN7 A ‘ruta dos mortos’ que remata aos pés do Santuario de Santo Andrés de Teixido será protagonista deste itinerario que se promoverá o 23 de marzo. Serán 17 quilometros cargados de misticismo e lendas acompañados da beleza dos cantís cun prezo de 20 euros. As persoas empadroadas en Ares poderán inscribirse […]

A área de Medioambiente arranca coa entrega de dispensadores de bolsas gratuítos

A área de Medioambiente arranca coa entrega de dispensadores de bolsas gratuítos

Dende hoxe en adiante, a veciñanza poderá recibir na entrada do consistorio de Ares os dispensadores de bolsas para as deposicións das súas mascotas, dentro da campaña de sensibilización que propón o Concello neste mes de marzo. A Concellaría de Medioambiente entregará nas próximas semanas preto de 400 dispensadores totalmente de balde, e sumará a […]

Unha canteira de campións no Club de Remo de Ares

O Club Remo de Ares vén de recibir boas novas onte mesmo, domingo 2 de marzo, no Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Indoor organizado en Boiro pola Federación Galega de Remo e o Club Cabo de Cruz. O equipo de alevín mixto de Ares proclamouse campión galego da competición deportiva, pero tamén os […]

A Agrupación Instrutiva de Caamouco presenta o último número da revista A Tenencia

O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, acudiu onte ata a Agrupación Instrutiva de Caamouco para participar na presentación do volume 9 de A Tenencia, a revista de estudos locais que impulsa a asociación para recompilar a memoria de Ares, divulgala e coidala. No acto de presentación, o coordinador da revista Ernesto López Naveiras, debullou […]

A exposición Destino Igualdade chega á Casa da Xuventude de Ares

O andar superior da instalación municipal albergará unha mostra composta por diferentes paneis e materiais gráficos que narra a historia de Nagalaskshmi, parte do primeiro grupo de mulleres formadas pola Fundación Vicente Ferrer como conductoras de autorickshaw, un mototaxi típico da India. A exposición estará dispoñible dende o 3 ao 14 de marzo, achegando un […]