O Concello promove dúas novas sesións da Academia AresXSaúde esta semana

Ao longo da xornada do 16 de xaneiro, a vila contará cun obradoiro centrado en almorzos e merendas saudables e unha charla divulgativa sobre a xestión da diabetes hoxe en día. Ambas iniciativas contan coa colaboración da Asociación de Diabéticos de Ferrolterra.   O programa municipal centrado na divulgación de hábitos saudables entre a veciñanza, […]

Ares divulga a historia dos influencers das matemáticas

A última sesión do programa ‘Non remates coas mates’, destinado a explorar novos enfoques desta disciplina do coñecemento para persoas maiores de 20 anos, realizarase o vindeiro 21 de xaneiro na Aula de Cultura da rúa Zamborela. Será preciso reservar praza dende hoxe de xeito telemático a través da web do Concello, concellodeares.gal.   Non […]

Fenómeno metereolóxico adverso: costeiros nivel laranxa

A Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET) informou no seu boletín dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel LARANXA 🟠 (Risco importante) por COSTEIROS que afectará ao litoral Noroeste de A Coruña dende o mediodía de hoxe, 🗓️ xoves, 8 de decembro.   Agárdase mar combinada do Noroeste con ondas de 5 a 6 metros, así como […]

O Premio Alén continúa coa súa recepción de manuscritos

Narradores e narradoras, se neste inicio de novo ano tedes unha obra en galego que aborde a temática da emigración, o IV Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares agarda a vosa proposta. Cada participante pode presentar un orixinal inédito e que fale do proceso migratorio tanto alén mar como de calquera outro lugar […]

A sexta ruta do SendAres principia coas súas inscricións esta mesma tarde

Fervenzas, zonas de fraga, bosques de ribeiras e as vistas do Océano Atlántico farán deste itinerario unha boa oportunidade para dar a benvida ao ano. A reserva de praza abrirá hoxe, a partir das 16:00 h., primeiro para empadroados/as ata o día seguinte na mesma franxa horaria, cando chegue a quenda do resto de persoas. […]

Os Reis Magos despiden o Nadal de Ares

A cabalgata real regresou un ano máis ó municipio para traer a Baltasar, Melchor e Gaspar dende o seu Reino de Oriente. Pequenos e maiores saudaron e falaron coas súas Maxestades este luns pasado e despediron, todos eles, a tempada festiva en Ares. Os tres Reis Magos non escatimaron no reparto de doces e animáronse […]

Puntos limpos móbiles instalados en Seselle e O Porto (05.01.2026)

Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas do Porto e Seselle para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! ♻️ PUNTO LIMPO DO PORTO Podes depositar: ✅ Pilas e baterías. ✅ Lámpadas e tubos […]

Ares co deporte: unha ferramenta para fomentar o encontro neste Nadal

O pavillón polideportivo municipal acolleu nos últimos compases de decembro varias propostas lúdico-deportivas pensadas para entrar en contacto con novos deportes e, tamén, pasalo ben entre a veciñanza aresá, de igual a igual. Primeiro foi o Torneo de Tenis de Mesa de familias, proposto entre o club Cidade de Narón e o Concello, deseñado precisamente […]

Cancións e bo humor déronse cita na Biblioteca Municipal de Ares

O pasado 30 de decembro, a Alianza Aresana transformouse en espazo para o encontro grazas á iniciativa ‘Con música e letra… karaoke na biblioteca!’, unha proposta cultural pensada para celebrar o Nadal cantando e compartindo algunhas risas. Familias, crianzas e amizades animáronse a coller o micrófono, subir ao escenario e demostrar o seu espírito festivo […]