O Concello de Ares, representado en FITUR!

Durante toda esta semana, Madrid acolle a celebración da Feira Internacional de Turismo, unha cita anual chave para a dinamización deste sector e o posicionamento de novos destinos. E Ares tamén está presente na programación deste evento con relevancia en todo o mundo. Ata Madrid desprazáronse nestes días a concelleira de Cultura, Alma Barrón, e […]

OBRADOIRO ARTÍSTICO NA BIBLIO

A Biblioteca Municipal de Ares promove un obradoiro para incentivar as habilidades artísticas dos nenos e nenas de 4 a 6 anos Poderás inscribirte dende hoxe, 22 de xaneiro, a partir das 16:00 horas vía telemática na web www.concellodeares.gal.   INFORMACIÓN DO OBRADOIRO Este venres, 24 de xaneiro A partir das 18:00 horas Biblioteca Municipal […]

O Concello entrega o gran premio do MercAres 2024-2025

Esta mesma mañá, a concelleira de Comercio, Lucía Blanco, formalizou a entrega do primeiro premio de 500 euros do MercAres 2024-2025 ao veciño aresán Borja Ortube Varela, acompañándoo dos seus parabéns por sumarse a esta campaña de consumo de proximidade do Concello de Ares. O galardón chega en forma de vale para consumir nalgúns dos […]

Punto limpo móbil dispoñible en Besoxo

O punto limpo móbil vén de ser instalado esta mañá polo Concello enfronte ao camiño que dá acceso a Besoxo, á altura da avenida de Mugardos. Deposita alí os teus residuos domésticos para que poidan ser tratados adecuadamente! Lembra que nel podes deixar: Pilas e baterías Lámpadas e tubos fluorescentes Aceites minerais e vexetais Roupa […]

O CER de Ares acada as 14 colonias activas e máis de cen felinos baixo supervisión

Os voluntarios e voluntarias deste grupo de captura, esterilización e retorno de felinos, en coordinación co Concello, veñen de presentar os seus resultados na xestión de parte da poboación de gatos en Ares. A súa labor é fundamental non só pola entrega do seu tempo e traballo de xeito altruista, senón tamén polos obxectivos ecolóxicos […]

Ares aborda as complexidades da menopausia na Academia AresXSalud

O salón de actos da Alianza Aresana acolleu este venres pasado unha nova sesión da Academia AresXSalud, o programa promovido polas Concellarías de Deportes e Igualdade que achega até a localidade a diferentes expertos en materia de saúde para divulgar coñecemento á veciñanza interesada. Borja Fernández Pita, graduado en Ciencias do Deporte e da Actividade […]

A paisaxe de Cervás protagoniza a cuarta ruta do SendAres 2024-2025

Onte, 19 de xaneiro, os participantes da cuarta ruta do programa SendAres exploraron os sendeiros costeiros da parroquia de Cervás nun percorrido de 10 quilómetros que combinou natureza e deporte. A ruta comezou no aparcadoiro xunto ao cemiterio da parroquia e levou aos sendeiristas por paraxes únicas da costa aresá. Con paraugas e chuvasqueiros coma […]

O Punto Limpo de Vilar do Colo compartido entre Ares, Fene e Cabanas abrirá as súas portas o vindeiro luns, 20 de xaneiro

A Xunta autorizou a posta en marcha deste servizo esencial para os tres concellos involucrados, destinado a facilitar á veciñanza o tratamento axeitado de residuos voluminosos, aparellos electrónicos ou refugallos que requiran dunha xestión especial. Onte, as autoridades representantes dos concellos, así como a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, celebraron un encontro […]

O Concello de Ares recibe a aprobación dos dous ámbitos suspendidos do seu PXOM

A Xunta de Galicia vén de notificar a luz verde ao Núcleo de Identidade Litoral (NIL) de Seselle e á Punta da Pena, en Os Castros, de tal xeito que o PXOM queda aprobado definitivamente en todo o termo municipal. Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo: “Despois de anos de traballo administrativo, chéganos un documento moi […]

O balance de Protección Civil de Ares: 260 operativos ao longo do 2024

A agrupación de voluntarios vén de presentar a súa análise das actuacións desenvoltas o ano pasado, un feito que exemplifica o seu compromiso altruísta coa vila. A súa actividade diversifícase entre os operativos en emerxencias, con peticións de participación dende o 112, e o seu despregue de seguridade en actividades culturais ou deportivas, dende cabalgatas […]

Renovación do DNI na Alianza Aresana

O 3 de febreiro poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares! Se estás interesado en facelo, concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057 no horario de apertura da biblioteca. Lembra que podes realizar a renovación do […]

O Concello de Ares e a Deputación da Coruña asinan o convenio para iniciar a primeira fase do Plan de Recuperación das baterías militares da Bailadora

O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, rubricou a súa sinatura o venres pasado xunto co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o rexidor de Valdoviño, Alberto González, no convenio para a posta en marcha da primeira fase do Plan de Recuperación das Baterías Militares de Ferrolterra, que inclúen actuacións tanto na […]