Xa dispoñible a 2ª Exposición Multidisciplinar de Fotografía na Casa da Xuventude

Até o 26 de maio, veciñanza e amantes da fotografía da zona poden desfrutar da mostra que promoven a Concellaría de Cultura e a Asociación de Fotografía de Ferrolterra no andar superior da Casa da Xuventude. Esta 2ª Exposición Multidisciplinar está composta por preto de 50 instantáneas dos membros da asociación ferrolterrá e supón unha […]
A Concellaría de Benestar organiza unha excursión até Portugal para a veciñanza

O sábado, 15 de xuño, os e as aresáns poderán visitar Valença do Miño, Vila Nova de Cerveira e Fortaleza por un prezo de 30 euros que xa inclúe o xantar e o servizo de autobús. As inscricións para empadroados/as abren hoxe, 8 de maio, até o 16 deste mesmo mes, a partir do cal […]
Estudantado do CPI As Mirandas coñece as posibilidades da vela adaptada

Esta semana, a Concellaría de Deportes programou unha nova actividade que axuda a ver o deporte dende unha visión máis inclusiva, incorporando unha saída á ría guiados por Álvaro Illobre en embarcación adaptada para persoas con mobilidade reducida. A iniciativa, organizada dentro do programa europeo Sporural, contou coa colaboración de ADM Ferrol e o Club […]
Ares e Mugardos presentan a Montefaro Enduro Race 2024

A Copa de España de BTT organizarase o 18 e 19 de maio na contorna de Montefaro e volverá a ser unha cita de referencia na comarca para os amantes do enduro. Ao acto de presentación asistiron autoridades do Concello aresán e mugardés, representantes de Pulpeiros de Mugardos e tamén do Club de Remo de […]
Cortes de tráfico en Redes por mor da gravación dunha longametraxe en Redes o 8 de maio

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: Que o próximo día 8 de maio, mércores, nun horario aproximado de 8:30 h a 21:30 h., cortarase a circulación de tráfico rodado na contorna da Praza do Pedregal de Redes por mor da gravación dunha longametraxe de Zeta Cinema […]
‘Plan de rescate’, novo scape room na Biblioteca Municipal de Ares

O próximo xoves, 9 de maio, ás 18:30 horas, a rapazada de entre 7 a 12 anos enfrontarase a todo un reto: escapar da Biblioteca Municipal de Ares seguindo un percorrido de pistas e rescatar aos compañeiros e compañeiras que fiquen atrás. A Alianza Aresana converterase así no escenario dunha particular scape room que bebe […]
O deporte aresán continúa acadando novos éxitos

O Concello traslada os seus parabéns ao Numancia polo recente ascenso a Primeira Galicia 2023-2024 aínda con tres xornadas por diante, un logro que exemplifica o esforzo e a unión do equipo, mais tamén un modelo de club moi vencellado á vila, á súa canteira e ós aresáns. Tamén o noso veciño Hugo Martínez acadou […]
O Concello de Ares resulta beneficiado de una subvención da Excma. Deputación Provincial da Coruña para o mantemento da contratación do Director Técnico Deportivo.
O Concello de Ares resulta beneficiado de una subvención da Excma. Deputación Provincial da Coruña por importe de 15.000,00 € publicado no BOP nº 103 do 01/06/2023 ao abeiro da Convocatoria: (FO106/2023) Convocatoria do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de […]
O Concello amplía a rede de compostaxe doméstica a máis de 90 composteiros dentro da contorna municipal

A Concellaría de Medioambiente vén de asinar un segundo convenio de colaboración con SOGAMA, de cara a recibir 25 composteiros máis que reforzan a infraestrutura de reciclaxe de Ares. Lucía Blanco, edil da área responsable, arrancou esta mesma semana coa entrega desta segunda quenda. O Concello de Ares e a empresa pública SOGAMA veñen de […]
Cambio de data na entrega de premios do DegustAres 2024

Por motivos organizativos, a entrega de premios do DegustAres 2024 trasladarase de mañá, 3 de maio, ao venres, 10 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana. Lembra que, a maiores de coñecer aos gañadores, tamén se sorteará 1 vale de 100 euros entre as persoas asistentes.
Bases para a provisión en Réxime Laboral Temporal de 7 Peóns para os Servizos Municipais de Limpeza de Praias Verán 2024
A vista da Resolución pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa MA100: subvencións a concellos para limpeza de praias marítimas no ano 2024, publicada no BOP nº 39 de 23 de febreiro de 2024,aprobáronse as seguintes Bases por acordo da Xunta Municipal de Goberno celebrada o 25/04/2024: Bases Para A […]
O Concello instala 3 minipuntos limpos no núcleo urbano de Ares

Atópanse operativos dende o comezo desta mesma semana na Praza da Igrexa, na Praza da Porta do Sol e na rúa da Franxa. Supoñen unha mellora do sistema de reciclaxe e tratamento de residuos da vila, ampliada progresivamente a través doutros servizos coma o punto limpo móbil e as campañas de composteiros. Para materializalos, a […]