O Concello de Ares colabora na homenaxe a Andrea López Chao, a impulsora do Hospital Hijas de Galicia da Habana, no 150 aniversario do seu nacemento e no centenario da fundación do hospital.

Este domingo, 25 de febreiro ás 18:00 horas, a Agrupación Instrutiva de Caamouco acollerá unha programación materializada pola Comisión Organizadora da Homenaxe a Andrea López Chao. Haberá proxección de audiovisuais e charla-coloquio con: Patricia Ares Muzio, doutora en Psicoloxía na Universidade da Habana e bisneta de Andrea López Chao. Maria Xosé Porteiro, xornalista e escritora. […]

Aprobación da listaxe definitiva de admitidos/excluídos e designación tribunais calificadores no proceso de estabilización para cubrir as prazas vacantes no cadro de persoal do Concello de Ares relativas ao proceso de estabilización de emprego temporal publicadas no BOP número 100 do venres 27 de maio de 2022 e no BOP número 101 do Luns 30 de maio de 2022

RESOLUCIÓN ALCALDÍA Aprobación da listaxe definitiva de admitidos/excluídos e designación tribunais calificadores no proceso de estabilización para cubrir as prazas vacantes no cadro de persoal do Concello de Ares relativas ao proceso de estabilización de emprego temporal publicadas no BOP número 100 do venres 27 de maio de 2022 e no BOP número 101 do […]

Listaxe Definitiva De Aspirantes Seleccionados/as Por Concellos E Listaxe De Reserva do Proceso Selectivo Para A Selección Para A Selección Do Persoal Docente Da Especialidade SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais do Proxecto de Obradoiro Dual de Emprego “Reinicia X” promovido polos Concellos de Mugardos, Ares e Fene

ANUNCIO CONCELLO DE MUGARDOS PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL DOCENTE DA ESPECIALIDADE SSCS0208 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS DO PROXECTO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “REINICIA X” DO CONCELLO DE MUGARDOS (SEGUNDA CONVOCATORIA) LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES SELECCIONADOS/AS POR CONCELLOS E LISTAXE DE RESERVA De conformidade co establecido nas Bases reguladoras […]

Coa súa dose de espectacularidade, un dos mellores bosques conservados da provincia da Coruña despregouse durante a xornada de onte ante a ollada dos camiñantes do Sendares, o programa municipal de sendeirismo da Concellaría de Deporte.

Preto de 25 participantes exploraron a Ribeira do Río Sor, en Mañón, e gozaron da paisaxe máis próxima serpenteando polas ladeiras do monte. 14 quilómetros de natureza, de tranquilidade e práctica deportiva que tamén deixamos para a lembranza aquí embaixo.  #ViveoDeporteViveAres!!

A exposición Galicia en Foco xa está dispoñible para toda a veciñanza

A concelleira de Cultura da localidade, Alma Barrón, inaugurou o venres pasado a colección fotográfica, que estará en Ares até o 29 de febreiro no último andar da Casa da Xuventude. Veciños e veciñas poderán achegarse en horario de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h., os martes, xoves e venres, e […]

Proceso Selectivo Para A Selección Para A Selección Do Persoal Docente Da Especialidade SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais do Proxecto de Obradoiro Dual de Emprego “Reinicia X” promovido polos Concellos de Mugardos, Ares e Fene

ANUNCIO PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL DOCENTE DA ESPECIALIDADE SSCS0208 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS DO PROXECTO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “REINICIA X” DO CONCELLO DE MUGARDOS (SEGUNDA CONVOCATORIA) O Tribunal que xulga o proceso selectivo de docente da especialidade SSCS02008 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, […]

Sofía Puente, terapeuta ocupacional e responsable da Área Sanitaria de Ferrol da Rede Galega de Promoción de Saúde (REGAPS), achegouse onte ó salón de actos da Alianza Aresana para reflexionar da man da veciñanza sobre as circunstancias que rodean unha xubilación de calidade.

Cando un se xubila, como procurar un propósito? Como afrontar un envellecemento saudable ou mesmo xestionar o impacto dun cambio de rol coma o que se produce na xubilación? Foron algunhas das preguntas sobre as que se estruturou a charla, unha actividade que se inscribe no marco da Academia AresXSalud, a iniciativa do Concello composta […]

O concello de Ares executa a actuación “INSTALACIÓN FOTOVOLTACA NO DEPÓSITO DE OS CASTROS” financiada polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega)

O concello de Ares executa a actuación “INSTALACIÓN FOTOVOLTAIA NO DEPÓSITO DE OS CASTROS” financiada polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) a través do PROCEDEMENTO: Programa de incentivos 4-5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, con código IN422K. O importe de actuación ascende a 27.448,40 […]