O 9 de febreiro poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares!

Se estás interesado en facelo, concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057, de luns a venres, no horario de apertura da biblioteca. Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses antes da data de caducidade.
Lembra que o venres 19 de xaneiro e a primeira charla da Academia Ares XSalud, titulada “Saúde Infantil Versus Adultos Sans”,

Levarase a cabo ás 19:00 horas na Alianza Aresana. O conferencista desta sesión será Camilo Prieto Rivas, un profesional con formación en CC. Actividade Física e Deporte, Fisioterapia, Osteopatía, Posturología, e especializacións en Readaptación Funcional Deportiva e Psiconeuroinmunología clínica. Esta charla diríxese á poboación en xeral, incluíndo pais, nais, adolescentes, adestradores/as e persoas que traballan […]
ACADEMIA ARES XSALUD

“Academia Ares xSalud” eríxese como un espazo municipal dedicado á realización de actividades educativas centradas na promoción da saúde na poboación do noso municipio. O proxecto, que foi presentado no día de onte, ten como obxectivo fomentar actitudes, coñecementos e hábitos de vida saudables; detectar e eliminar comportamentos de risco; así como previr o desenvolvemento […]
O Concello de Ares Presenta “Academia Ares XSalud”, Un Programa Educativo deseñado para fomentar e mellorar Hábitos Saudables na Veciñanza

A Concellaría de Benestar e a Concellaría de Deportes do Concello de Ares organizan a iniciativa “Academia Ares xSalud”, un programa educativo deseñado para fomentar e mellorar hábitos saudables na nosa localidade. “Academia Ares xSalud” eríxese como un espazo municipal dedicado á realización de actividades educativas centradas na promoción da saúde na poboación do noso […]
Os Tres Reis Magos marcaron o peche festivo en Ares.

A nosa localidade foi seleccionada como un dos destinos que Melchor, Gaspar e Baltasar elixiron para coñecer os desexos dos máis pequenos. A pesar das inclemencias meteorolóxicas, durante a tarde do venres, os Reis Magos saudaron e achegáronse a aqueles que esperaban a súa chegada nas parroquias e tamén no centro urbano do municipio, na […]
Proxecto Básico e de Execución de Urbanización de Praza Pública – Expropiación
Polo Concello de Ares prevese a obtención dos terreos necesarios para a execución dun espazo libre programado. A actuación encóntrase recollida no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ares (PXOM) aprobado con data de 5/2/2020 (DOG 14/2/2020 e publicada a normativa en BOP DO 4/11/2020). A fin de obter os terreos necesarios para a implantación […]
Hoxe, 5 de xaneiro, os Reis Magos estarán xa por todo Ares!

Chegados dende Oriente, arrancarán a súa cabalgata en Redes preto das 16:30 horas e tamén percorrerán os núcleos das parroquias ata recepcionar a pequenos e máis maiores na Alianza Aresana (18:45 h. aproximadamente). Porén, se a climatoloxía non o permite, acortarase o percorrido da cabalgata, facendo só a visita ás parroquias e logo dirixíndose directamente […]
Tocou o primeiro premio do MercAres!!!

A persoa afortunada co primeiro premio da campaña de fomento do consumo local, recibiu o seu premio onte: un cheque por valor de 500 euros! A concelleira de Comercio, Lucía Blanco, foi a encargada de entregar o cheque á gañadora, o cal dividirase en cantidades máis pequenas para facilitar o seu emprego nos negocios adheridos […]
Protección Civil De Ares presenta o seu Balance Anual, con máis de 450 Operativos Despregados durante o 2023

Xuño, xullo e agosto foron os meses de maior actividade para a agrupación de voluntarios aresán, coma reflicte ou seu balance anual de actuacións feito público hoxe O informe anual de operativos, presentado esta mesma mañá, desagrega o conxunto das diversas intervencións e servizos prestados polos voluntarios e voluntarias que conforman a agrupación local, abarcando […]
Inspección Técnica de Ciclomotores en Ares

O venres, 2 de febreiro, a unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores desprazarase á nosa contorna municipal. Atoparase na Praza da Igrexa do núcleo urbano, en horario de mañá, de 09.00 a 13.30 horas. Será necesario solicitar cita previa contactando vía telefónica co 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com, […]
Presentamos imaxes dalgunhas das actividades realizadas no Concello de Ares nestes días

Como o monólogo de Oswaldo Digón “Outra Movida”, o taller de pastelería creativa “Postres no Nadal”, a actividade “Con música e letra, karaoke na Biblioteca”, o xogo de pistas “Na procura dúas Reis Magos”, ou a actividade de zumba para despedir o ano “Zumba, Zúmballe”.
Os Reis Magos visitarán os principais lugares do Municipio na tarde do Venres

Ademais da recepción na Alianza Aresana, tense programado que as Súas Maxestades de Oriente percorran todas as parroquias do municipio, comezando ás 16:30 na Praza do Pedregal de Redes. O vindeiro venres, 5 de xaneiro, os Reis Magos estarán presentes en todo Ares. Provenientes de Oriente, iniciarán a súa cabalgata en Redes ao redor das […]