O Concello instala 3 minipuntos limpos no núcleo urbano de Ares

Atópanse operativos dende o comezo desta mesma semana na Praza da Igrexa, na Praza da Porta do Sol e na rúa da Franxa. Supoñen unha mellora do sistema de reciclaxe e tratamento de residuos da vila, ampliada progresivamente a través doutros servizos coma o punto limpo móbil e as campañas de composteiros. Para materializalos, a […]

A nova edición das Alfombras Florais de Ares chegará á vila o 2 de xuño

A Festa de Interese Turístico de Galicia iniciará os traballos de preparación este mesmo venres e contará con 5 tramos de tapices. Dende a Asociación que promove as Alfombras Florais convidan á veciñanza a participar das tarefas de picado, fundamentais para organizar este evento que xa é parte da idiosincrasia de Ares. O Corpus aresán […]

‘Un adolescente na casa’, nova charla divulgativa en Ares este mesmo venres

A ponencia organizarase o 3 de maio ás 19:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana, no marco da iniciativa Academia AresXSalud impulsada polas Concellarías de Benestar e Deportes. O psicólogo e educador físico José Antonio Barcia Tuccelli afondará nas diferentes maneiras de encarar as relacións cos adolescentes, dende a xestión dos conflitos á […]

Presentación de Alegacións do proceso de estabilización para cubrir as vacantes no cadro de persoal do concello de Ares correspondente a 1 praza de persoal laboral fixo de Auxiliar Administrativo ( Servicios Xerais)

Sendo as 10,00 horas do dia 24 de abril do ano 2024 , reúnese na Sala de Comisións da Casa  do Concello de Ares, o Tribunal calificador ( designado por Resolución da Alcaldía 173/2024 de data 20/02/2024, publicado no B.O.P. nº 40 de data 26/02/2024) do proceso de estabilización para cubrir as vacantes no cadro […]

O Concello abre mañá o prazo de inscrición para a novena ruta do SendAres 2023-2024

O programa municipal de sendeirismo promoverá unha saída até Laxe, na Costa da Morte, de 18 quilómetros, durante a xornada do domingo, 26 de maio. Corresponde co último percorrido na tempada outono-primavera. Habilitarase un prazo de inscrición para empadroados/as en Ares dende mañá, 30 de abril até o 3 de maio, abrindo e pechando a […]

Mariña Silvar, o novo orgullo aresán

O Concello traslada os seus parabéns á nosa veciña Mariña Silvar Castro e así mesmo ás súas compañeiras alevíns do Club de Mar do Mugardos, pola súa medalla de bronce no Campionato de España de Bateis desta fin de semana pasada. Un galardón para animala a continuar vencellada ao remo, xunto cun recoñecemento ao esforzo […]

Ares danza para amosar a súa solidariedade

O pavillón polideportivo municipal encheuse onte para desfrutar da demostración que realizou a Escola de Baile Paso a Paso, no marco do evento organizado pola Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro que estivo marcado non só pola danza, senón tamén pola  solidaridade dos asistentes! O recadado co prezo da entrada servirá para reforzar […]

O tecido empresarial de Ares afonda na mellora do seu posicionamento dixital

A concelleira de Comercio, Lucía Blanco, achegouse onte á Casa da Xuventude para inaugurar os módulos formativos destinados a pequenas empresas da localidade inscritos dentro de Rural TIC Ares, o programa de obradoiros totalmente de balde que promove o Concello xunto co Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana centrados na divulgación tecnolóxica e o […]