(ANULADO) Chega a Chanteiro unha nova edición da Festa do Ourizo

Comparte esta nota de prensa

  • ANULADO: O Centro cultural outeiro vén de comunicar que, debido ao mal estado do mar e ao forte vento sobre a costa, suspéndese a degustación do ourizo.
  • Celebrarase, na mesma data e hora, unha MEXILLONADA POPULAR.

 

O Centro Cultural Outeiro de Chanteiro acollerá mañá, xoves, 17 de abril, a súa XXXII Festa do Ourizo, unha exaltación popular deste produto do Atlántico e un dos grandes manxares da ría. Con máis de trinta anos de tradición, a degustación do ourizo arrancará ás 19:00 horas e estará amenizada pola actuación da charanga Santa Compaña.

Mais a celebración da festa continuará tamén ao longo da xornada do 26 de abril, ás 18:30 horas, cando se achegue ata Chanteiro o cociñeiro Miguel Ángel Campos, do restaurante A Gabeira e membro do Grupo Nove, que fará un showcooking con preparacións en directo do ourizo.

Toda esta programación inscríbese dentro do proxecto do Concello de Ares ‘O ourizo de mar, un tesouro posto en valor onde o Atlántico goza’, e incluíu a maiores varias charlas divulgativas impartidas por representantes das Confrarías de Pescadores de Ares e Barallobre ó estudantado do CPI As Mirandas, para que diferentes axentes da comunidade local puideran coñecer as particularidades e riqueza deste produto de mar.

A iniciativa conta co apoio económico da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, o GALP Golfo Ártabro Norte e fondos da Unión Europea.

Pódeche interesar