Rúa da Igrexa, 22
Entre os anos 1922 e 1924 fúndase o Centro Instructivo de Cervás (CIRS). Inicialmente operaba nun local alugado, ata que se adquiriu o actual terreo por un enorme prezo para a época (14.000 pesetas).
Foron as delegacións de emigrados en Estados Unidos e Cuba as que posibilitaron a recadación desta importante suma de diñeiro.
Orixinalmente lucía unha balaustrada ornamental no beiril da fachada dianteira. Coas reformas levadas a cabo posteriormente, engadíuselle o corpo central de entrada, alterándose a súa forma orixinal. Foi rehabilitado no 1989.
A cuberta de talla a catro augas consegue unha grande altura de cumieira, resolvéndose a estrutura mediante cerchas de madeira apoiadas en pilares e nos muros exteriores. Este sistema estrutural permite cubrir un grande espazo cun número mínimo de pilares, outorgándolle unha enorme liberdade de uso ao edificio, necesaria para albergar actividades tan dispares propias dos locais sociais.
Pero o máis importante do CIRS non é como está construído, senón a súa historia.
E para coñecela terás que escoitar a audioguía que podes atopar aquí:
Un de Santiago, unha de Mugardos, e un de Lugo, pasean por Cervás. Que nos poderán contar eles que nós non saibamos