Venres 9:
- Ás 18 horas, no paseo marítimo, fronte ao Concello, o Club de Remo realizará a presentación da plantilla que competirá na Liga LGT, ademais de homenaxear á súa canteira. Pon as cores do Club e achégate!
- Ás 20 horas, na Alianza Aresana, levarase a cabo un recital de acordeón a cargo de Iago Aneiros, alumno do Conservatorio Superior de Música de Madrid.
Sábado 10:
- Ás 20 horas, no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, levarase a cabo a primeira representación das Xornadas de teatro clásico coa obra “As Troyanas”, a cargo da Casa de Castela a Mancha na Coruña, baixo adapta ción e dirección de J.R. Martín.
Sábado 10 e domingo 11:
- Alfombras Florais do Corpus Christi. As rúas adornaranse dende a tarde-noite do sábado (a partir das 19.00 horas) con impresionantes deseños feitos a base de pétalos de flores e elementos vexetais, creando coloridos e detallados tapices. Anímate a colaborar nunha das tradicións con máis arraigo, froito do esforzo e traballo colectivo de todo o pobo.