Comeza o servizo de punto limpo móbil do Concello

Comparte esta nota de prensa

Coa chegada de xaneiro, a Concellaría de Medioambiente vén de informar da posta en marcha do punto limpo móbil que se adquiriu en 2022, xa colocado nas inmediacións da Praza da Igrexa de Ares. Permanecerá alí toda a semana para que a veciñanza deposite pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos.

Ao longo da segunda, terceira e cuarta semana deste mes, o punto limpo móbil achegarase a Seselle, Besoxo e Chanteiro, respectivamente.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares bailou pola solidariedade

Moita emoción e compromiso veciñal caracterizaron a tarde de onte no pavillón polideportivo municipal, unha xornada marcada pola nova actuación solidaria organizada pola Xunta Local