Completada a última ruta do SendAres 22-23!

Comparte esta nota de prensa

O programa de sendeirismo municipal iniciou onte o seu percorrido final polas impresionantes paisaxes do Golfo Ártabro.

Despois de oito rutas que levaron aos excursionistas por diversos lugares, esta última saída permitiu aos participantes gozar dunha pintoresca viaxe costeira dende Ares ata Chanteiro, visitando espazos cun importante patrimonio natural.

No seu percorrido polo Golfo Ártabro, os participantes puideron gozar de impresionantes vistas e paisaxes, bordeando Ares, Lubre, Cervás e Punta Coitelada, ata chegar á espectacular praia de Chanteiro.

Coa última ruta rematada con éxito, SendAres deixa unha pegada moi satisfactoria e moitas ganas de disfrutar de próximas aventuras!

Pódeche interesar

Avisos

Ares contra o Cancro 2025

A casa consistorial de Ares luce durante toda esta semana unha nova iluminación ornamental sobre a súa fachada, facendo protagonista á cor verde e sumándose